DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 3 de setembro de 2024 Páx. 49348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2024/69-1).

Expediente: IN407A 2024/69-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: novo CT lugar Muíños.

Concello: Padrón.

Feitos.

1. O día 20 de febreiro de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de atender unha petición de subministración para un punto de recarga de vehículo eléctrico de 640 kW no lugar de Muíños, concello de Padrón, proxéctase a substitución do centro de transformación de intemperie existente CT Muíños (15AX66, expediente IN407A 2016/614-1), alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT PAD809, procedente da subestación Padrón, por outro de tipo compacto prefabricado de 160 kVA.

Achegaron o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: novo CT lugar Muíños, asinado o 26 de xaneiro de 2024 por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñaría Eléctrica, con número colexial 4.776 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Padrón. No día desta resolución non consta no expediente resposta do organismo afectado á solicitude do condicionado solicitado.

4. O 2.8.2024 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar de Muíños, concello de Padrón.

– LMTS a 20 kV de 2×26 m (E/S) metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe e remate no PA/S proxectado no apoio nº A2509JIO//32 existente da LMT PAD809, procedente da subestación Padrón, facendo E/S no CTC proxectado. A nova liña discorrerá por unha canalización proxectada dentro de gabias de 0,40×1,2 m con catro de polietileno de alta densidade Ø 160 mm.

– Desmantelamento do tramo LMTA comprendido entre os apoios existentes nº A25O9JI0//32 e o nº A2628MCA//32-1-CT.

– Desmantelamento do tramo LMTA a 20 kV, de 231 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº A2509JIO//32 existente da LMTA CBA-807 e remate no apoio nº 62-31 proxectado.

– Novo CT Muíños compacto prefabricado de manobra interior, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 3L+1P. Desmantelamento do CTI Muíños (15AX66, expediente IN407A 2016/614-1).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña