DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de agosto de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-24-167 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución dos expedientes é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018 no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF

Denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 12-48-24-167

7177-GPP

Gardapeiraos

34952725Q

Estacionamento prohibido

14.2.2024; 17.28 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-246

9695-DKS

Gardapeiraos

54228419P

Estacionamento prohibido

8.3.2024; 12.25 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-271

4367-BMN

Pafif

52933195Y

Estacionamento prohibido

30.9.2023; 12.42 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-317

9760-LJH

Gardapeiraos

52458844F

Estacionamento prohibido

9.4.2024; 16.18 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-367

C-8186-BVY

Pafif

41332175W

Estacionamento prohibido

27.4.2024; 11.36 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-149

6872-FNG

Pafif

36135684Q

Estacionamento prohibido

13.4.2024; 20.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-08

4512-BKG

Policía autonómica

Y0808114T

Estacionamento prohibido

23.11.2023; 16.16 horas

As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €