DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de agosto de 2024 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-24-474 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución dos expedientes é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, será considerado proposta de resolución.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a publicación deste acordo para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente.

Matrícula

Denunciante

DNI denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-24-474

8274-HSF

Garda Civil

33179607Z

Estacionamento prohibido

8.6.2024; 12.50 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-478

2487-CSC

Garda Civil

35397361Q

Estacionamento prohibido

8.6.2024: 12.52 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da

Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-491

9502-HFZ

Gardapeiraos

39462052D

Estacionamento prohibido

6.6.2024; 21.01 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-497

6260-HLS

Gardapeiraos

78993483Y

Estacionamento prohibido

10.6.2024; 12.18 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-501

5016-LSW

Gardapeiraos

52932036C

Estacionamento prohibido

11.6.2024; 10.09 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-512

0220-FFH

Gardapeiraos

53481353M

Estacionamento prohibido

14.6.2024; 11.59 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-26-24-08

Pafif

35635627W

Pesca sen autorización

5.6.2024; 22.30 horas

Canido (Pontevedra)

Artigo 131.v) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-28-24-08

Pafif

36176306C

Pesca sen autorización

5.6.2024; 23.55 horas

Baiona (Pontevedra)

Artigo 131.v) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-28-24-09

Pafif

36176306C

Pesca sen autorización

5.6.2024; 23.55 horas

Baiona (Pontevedra)

Artigo 131.v) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €