No Diario Oficial de Galicia número 99, do 23 de maio de 2024, publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).
De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución de concesión das subvencións, tras a fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Así mesmo, o artigo 17 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Serán igualmente obxecto de publicidade a través do Portal do benestar da Consellería de Política Social e Igualdade e de forma complementaria poderá efectuarse a notificación electrónica mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Así, con data do 29 de agosto de 2024, tras a instrución do procedemento, vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores e fiscalizada esta, ao abeiro do disposto no artigo 16 da Orde do 7 de maio de 2024, a persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria dita a resolución de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025 (código de procedemento BS212A).
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 29 de agosto de 2024, ditada no procedemento BS212A, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, que se xunta á presente resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 29 de agosto de 2024, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2024
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Resolución do 29 de agosto de 2024 de concesión das axudas para a posta
en marcha de casas do maior previstas na Orde do 7 de maio de 2024 pola
que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas
para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025,
e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A)
Con data do 23 de maio de 2024 publícase no Diario Oficial de Galicia número 99 a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).
O Diario Oficial de Galicia número 157, do 14 de agosto de 2024, publica a Resolución do 2 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 1 de agosto de 2024 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior convocadas na Orde do 7 de maio de 2024, que inclúe as solicitudes en lista de agarda e a lista de solicitudes desestimadas.
Tras a presentación da renuncia por unha entidade beneficiaria, existe crédito dispoñible.
Vista a proposta da Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores, de conformidade co disposto no artigo 15.5.b) da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a renuncia da seguinte entidade beneficiaria:
|
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Concello |
Puntuación |
Axuda investimento 2024 |
Axuda desenvolvemento e desprazamento 2024 |
Axuda desenvolvemento e desprazamento 2025 |
Total orde convocatoria de axudas |
|
BS212A/2024/18 |
Leirar na Leira, Sociedade Cooperativa Galega |
F56477615 |
Pontedeva |
40 |
15.000,00 € |
12.666,64 € |
36.900,00 € |
64.566,64 € |
Segundo. Acordar a concesión de axudas para a posta en marcha dunha casa do maior á persoa solicitante da lista de agarda que figura no anexo con cargo ás aplicacións orzamentarias 38.05.312E.770.0 e 38.05.312E.470.0.
Estas axudas ampáranse no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión. Polo tanto, de recibir a persoa física outras axudas baixo o réxime de minimis, deberase garantir que non se supera o límite de 300.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 22 da Orde do 7 de maio de 2024.
A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 20 da orde de convocatoria.
O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da Orde do 7 de maio de 2024.
A persoa beneficiaria disporá dun prazo de catro meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras k) a r) do artigo 10.1 de acordo co establecido no anexo, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 7 de maio de 2024.
Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2024. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Artigo 16 e disposición adicional terceira da Orde do 7.5.2024; DOG núm. 99, do 23 de maio). Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
