DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 2022/452-1).

Expediente: IN407A 2022/452-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT lugar de Recesende.

Concello: Teo.

Feitos:

1. O día 30 de decembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Por mor do aumento de demanda eléctrica no lugar de Recesende, concello de Teo, proxéctase a substitución do centro de transformación de intemperie existente CT Recesende (15AG80, expediente 50.874) de 160 kVA de potencia, alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT SNT813, procedente da Subestación Santiago, instalando un novo centro de transformación de superficie compacto tipo rural de 250 kVA, unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución e a conexión e correspondente reforma da rede de baixa tensión da zona.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: LMT, CT, RBT lugar Recesende, asinado con data do 28 de setembro de 2022 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número colexial 2.980 de Vigo.

• Anexo 1, asinado o 29 de maio de 2023 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico e número colexial 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo con data do 10 de abril de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 2 de maio de 2023, co número 83.

• BOP: 13 de abril de 2023, co número 70.

• Xornal La Voz de Galicia: 28 de abril de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidera prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña; Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Teo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, Patrimonio Cultural e o Concello.

5. O día 10.7.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente se atopan no lugar de Recesende, concello de Teo.

– LMTS a 20 kV de 38 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº A73MMWC8//19-3-7 CT existente da LMT SNT813, procedente da subestación Santiago e remate no CTC proxectado.

– Novo CT Recesende compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P. Desmantelamento do CTI Recesende (15AG80, expediente 50.874) de 160 kVA, instalado en apoio existente nº 19-3-7 CT.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Teo

LMT, CT e RBT lugar de Recesende

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio nº

m2

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Josefina Garabal Villar

15083B503006390000SJ

Polígono 503, parcela 639

Meixande

CT+acceso

17,97

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.