Antecedentes:
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 107, do 4 de xuño, publicouse a Orde do 24 de maio de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento DE402B). Na dita convocatoria o crédito orzamentario para financiar estas axudas quedaba establecido en 1.300.000 €.
Segundo. Unha vez resolta a antedita convocatoria mediante a Resolución do 19 de xullo de 2024 (DOG número 147, do 31 de xullo), publícase a Orde do 14 de agosto de 2024 pola que se amplía o crédito da Orde do 24 de maio de 2024, que se incrementa en 400.000 €, de maneira que o crédito total destinado ao financiamento desta convocatoria pasa a ser 1.700.000 €.
Terceiro. A Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, como órgano instrutor do procedemento, efectúa a proposta de distribución do crédito ampliado (400.000 €) entre as entidades solicitantes que cumpren os requisitos previstos na convocatoria para ser beneficiarias de subvención e avaliadas pola Comisión de Valoración na súa sesión do 12 de xullo do 2024, de conformidade cos criterios seguintes:
1º. Concesión de subvención ás entidades do grupo II (entidades beneficiarias de subvención no ano 2023) que resultaron desestimadas por falta de crédito na primeira resolución da convocatoria, do 19 de xullo de 2024 (DOG número 147, do 31 de xullo), ou ás que non se lles subvencionou a totalidade do proxecto presentado por falta de crédito.
2º. Distribución do crédito restante, en aplicación do artigo 1.3 da Orde do 24 de maio de 2024, reguladora da convocatoria, que posibilita incrementar proporcionalmente a contía da axuda máxima por entidade beneficiaria, en función do orzamento aprobado.
Cuarto. A concesión destas subvencións en virtude desta segunda resolución será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 35.02.441A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, ata un importe máximo de 400.000 €.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. De conformidade co artigo 6 das bases reguladoras, a Subdirección Xeral de Plans e Programas, como órgano competente para a instrución do procedemento, elevou informe técnico de valoración, de conformidade cos criterios anteriormente indicados, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte. A Secretaría Xeral para o Deporte elevou a proposta de resolución ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, que é o órgano competente para resolver o procedemento.
Segunda. As entidades beneficiarias, as actuacións que se van desenvolver obxecto das solicitudes de subvención, as contías e os trámites dos expedientes axústanse ao establecido na devandita convocatoria e bases reguladoras.
Terceira. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no Diario Oficial de Galicia producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.gal
Cuarta. Con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte, do 28 de agosto de 2024, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en virtude das atribucións que me foron conferidas e logo de fiscalización favorable do expediente de gasto pola Intervención Delegada da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,
RESOLVO:
Primeiro. A concesión de subvención ás entidades do grupo II (entidades beneficiarias de subvención no ano 2023) que resultaron desestimadas por falta de crédito na primeira resolución da convocatoria, do 19 de xullo de 2024 (DOG número 147, do 31 de xullo), ordenadas por orde de puntuación, e ás que non se lles subvencionou a totalidade do proxecto presentado por falta de crédito, que é o caso da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno.
A concesión da subvención efectuouse por orde de puntuación, en aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 8.1 da Orde do 24 de maio de 2024, reguladora da convocatoria, de conformidade coas puntuacións resultantes da comisión de valoración efectuada o 12 de xullo de 2024.
1.1. Entidade beneficiaria do grupo II, á cal se lle subvencionou parcialmente o proxecto presentado por falta de crédito.
|
Número de expediente |
Entidade solicitante |
NIF |
Orzamento do proxecto presentado |
Nº de grupos de actividade x nº de meses |
Subvención recibida na primeira resolución |
Subvención concedida |
|
DE402B-2024-0000023 |
Federación Galega de Péntatlon Moderno e Tríatlon (1) |
V36703932 |
46.480€ |
28 |
26.221,67 € |
20.258,33 € |
|
Subtotal 1.1 |
20.258,33 € |
1.2. Entidades non beneficiarias de subvención por falta de crédito (grupo II):
|
Número de expediente |
Entidade solicitante |
NIF |
Orzamento subvencionable |
Nº de grupos de actividade x nº de meses |
Puntuación |
Subvención concedida |
|
DE402B-2024-0000010 |
Federación Galega de Hóckey |
G32172058 |
39.010,00 € |
23,5 |
32,00 |
39.010,00 € |
|
DE402B-2024-0000008 |
Real Federación Galega de Vela |
G36644862 |
74.700,00 € |
45 |
31,25 |
74.700,00 € |
|
DE402B-2024-0000002 |
Federación Galega de Squash |
G36644680 |
39.000,00 € |
25 |
29,25 |
39.000,00 € |
|
Subtotal 1.2 |
152.710 € |
|||||
|
Total 1+1.2 |
172.968,33 € |
Segundo. A asignación do crédito restante (227.031,67 €), en aplicación do artigo 1.3 da Orde do 24 de maio de 2024, reguladora da convocatoria, en virtude do cal se incrementará proporcionalmente a contía da axuda máxima por entidade beneficiaria, en función do orzamento aprobado.
|
Número de expediente |
Entidade solicitante |
NIF |
Grupo de baremo |
Concesión de subvención (ampliación) |
Nº de grupos/mes para desenvolver |
|
DE402B-2024-0000001 |
Federación Gallega de Tenis de mesa |
V15149453 |
1 |
5.447,03 |
9,43 |
|
DE402B-2024-0000002 |
Federación Galega de Squash |
G36644680 |
2 |
5.410,96 |
3,47 |
|
DE402B-2024-0000003 |
Federación Galega de Halterofilia |
G15121700 |
1 |
1.817,52 |
1,09 |
|
DE402B-2024-0000004 |
Federación Galega de Montañismo |
G36630259 |
2 |
10.334,16 |
6,24 |
|
DE402B-2024-0000005 |
Federación Galega de Surf |
G15565484 |
2 |
5.307,74 |
3,33 |
|
DE402B-2024-0000006 |
Federación Galega de Baloncesto |
V15115306 |
1 |
3.107,83 |
1,87 |
|
DE402B-2024-0000007 |
Federación Galega de Boxeo |
G15108996 |
2 |
10.405,70 |
6,27 |
|
DE402B-2024-0000008 |
Real Federación Galega de Vela |
G36644862 |
2 |
10.364,07 |
6,24 |
|
DE402B-2024-0000009 |
Federación Gallega de Bolos |
V36650133 |
2 |
1.873,03 |
1,66 |
|
DE402B-2024-0000010 |
Federación Galega de Hóckey |
G32172058 |
2 |
5.464,22 |
3,29 |
|
DE402B-2024-0000011 |
Federación Gallega de Esgrima |
G15109077 |
2 |
10.405,70 |
12,28 |
|
DE402B-2024-0000012 |
Federación Galega de Baile Deportivo |
G10883999 |
1 |
9.440,59 |
12,14 |
|
DE402B-2024-0000013 |
Federación Galega de Piragüismo |
G36040764 |
2 |
22.098,30 |
18,79 |
|
DE402B-2024-0000014 |
Federación Galega de Salvamento |
G27033737 |
2 |
10.405,70 |
44,40 |
|
DE402B-2024-0000015 |
Federación Galega de Tenis |
G15102767 |
2 |
10.405,70 |
18,87 |
|
DE402B-2024-0000016 |
Federación Galega de Bádminton |
G36645133 |
1 |
10.405,70 |
13,77 |
|
DE402B-2024-0000017 |
Federación Galega de Balonmán |
G36690832 |
2 |
10.405,70 |
11,59 |
|
DE402B-2024-0000018 |
Federación Galega de Remo |
G15117385 |
1 |
3.644,49 |
2,64 |
|
DE402B-2024-0000019 |
Federación Deportiva Gallega de Kickboxing |
G27464221 |
1 |
10.133,76 |
6,10 |
|
DE402B-2024-0000020 |
Federación Galega de Atletismo |
G15103500 |
1 |
8.982,20 |
5,41 |
|
DE402B-2024-0000021 |
Federación Galega de Loita |
G36651081 |
2 |
11.437,59 |
31,19 |
|
DE402B-2024-0000022 |
Federación Galega de Fútbol |
G15055890 |
2 |
9.673,13 |
5,83 |
|
DE402B-2024-0000023 |
Federación Galega de Péntatlón moderno e Tríatlon |
V36703932 |
2 |
7.697,46 |
4,64 |
|
DE402B-2024-0000024 |
Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas |
G15109267 |
1 |
8.754,52 |
10,96 |
|
DE402B-2024-0000025 |
Federación Galega de Ciclismo |
G36644870 |
1 |
5.983,55 |
5,76 |
|
DE402B-2024-0000026 |
Federación Galega de Taekwondo |
G15237233 |
2 |
17.625,32 |
10,62 |
|
Total |
227.031,67 |
Terceiro. De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras desta convocatoria, prevese o pagamento con carácter anticipado como financiamiento necesario para o desenvolvemento das actuacións obxecto de subvención, de acordo co seguinte réxime de pagamentos:
– Un primeiro pagamento de ata o 80 % da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, segundo o anexo III, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación expresa desta.
– Un segundo pagamento que, como máximo, poderá ser equivalente á porcentaxe restante, con carácter anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, e que se librará unha vez xustificado o primeiro anticipo. Este segundo anticipo poderase solicitar no momento da presentación da documentación xustificativa do primeiro anticipo, no espazo reservado para esta finalidade no anexo IV.
Cuarto. De acordo co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a entidade beneficiaria deberá presentar ante a Secretaría Xeral para o Deporte a documentación xustificativa da subvención, prevista no artigo 6.2 da convocatoria, ata o 20 de novembro de 2024.
Quinto. As entidades beneficiarias deberán desenvolver o Plan Corresponsables para a habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mozas e mozos de ata 16 anos desenvolvendo actividades de animación sociodeportiva, de acordo coas condicións de execución establecidas no artigo 10 das bases reguladoras (anexo I da Orde do 24 de maio de 2024).
Sexto. De conformidade co artigo 16 das bases reguladoras, as entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente:
a) A aplicación pública da imaxe corporativa da Consellería de Política Social e Igualdade, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Secretaría Xeral para o Deporte, do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
b) Conservar, nos catro anos seguintes, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
c) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.
e) Efectuar o reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 16 das presentes bases.
f) A adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte.
g) Garantir os dereitos lingüísticos de todas as persoas, empregando o galego e o castelán nas súas comunicacións.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse un recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P. D. (Decreto 136/2024, do 20 de maio, e Orde do 12.6.2024;
DOG núm. 117, do 18.6.2024)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
