DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49775

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 2 setembro de 2024 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED601A).

BDNS (Identif.): 783989.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).

Segundo. Obxecto

Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.

As axudas económicas irán destinadas a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED601A).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 1.600.000 €.

Tipo de actuación

Orzamento

Axudas destinadas á xestión do servizo de comedor

1.600.000 €

Contía das axudas: ata un máximo do 100 % do gasto xustificado pola prestación do servizo de comedor do centro escolar correspondente.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades