Expediente: IN407A 2022/088-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMTA, CTI, RBT lugar Castro, s/n.
Concello: Mazaricos.
Feitos:
1. O día 22.3.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender unha petición de ampliación de potencia a 17 kW, no lugar de Castro, no concello de Mazaricos, proxéctase ampliar a potencia do centro de transformación de intemperie situado no apoio CTI Castro (15×B21, IN407A 2016/693-1-RALI), que pasa de 100 a 160 kVA.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentaron o proxecto de execución denominado LMTA, CTI, RBT lugar Castro, s/n, asinado o día 9.6.2021 por Alejandro Fernández Reza, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, núm. colexiado 4.683 do CoitiVigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada. Así mesmo, o día 3.6.2022 presentaron un anexo asinado o 30.5.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 15.670 de Madrid.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 12.8.2022.
• BOP: 27.7.2022.
• Xornal La Voz de Galicia: 28.7.2022.
• Solicitouse ao Concello de Mazaricos a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos e Augas de Galicia. No día desta resolución non constan no expediente respostas ás solicitudes de informe.
5. O día 30.7.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalaciones eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Castro, concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTA, a 20 kV, cunha lonxitude de 194 m, con orixe en apoio proxectado tipo C-14/3000, onde se instalará o CTI proxectado, da LMT POT-803, condutor tipo LA-56, e final en apoio proxectado tipo C-20/2000. Estes dous apoios substitúen dous existentes por mal estado. Este tramo substitúe o anterior instalado entre os apoios existentes que tamén se van substituír.
– Aumento de potencia do CTI Castro (15×B21, IN407A 2016/693-1- RALI), de 100 a 160 kVA de potencia e unha relación de transformación de 20.000/400 V, alimentado pola LMTA POT-803 a 20 kV. Substitución de toda a aparellaxe de media e baixa tensión.
4. Na visita de campo realizada o 24.8.2022 non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 14 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Mazaricos. Expte. IN407A 2022/088-1
|
Núm. predio |
Datos Catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Propietarios/as |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
|||||
|
Polígono |
Parcela |
Apoio núm. |
m2 |
ml |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
503 |
3009 |
Certañas |
Rústico, agrario, prados ou pradarías |
Hros. de Manuel Rodríguez Riveiro |
CTI-núm. 2 C 14/3000 |
2,0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
