No Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 24 de xuño de 2024, publicouse a Orde do 11 de xuño de 2024, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS508C).
De conformidade co artigo 14 da dita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta, facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Tras a instrución do procedemento, o 3 de setembro de 2024 o órgano competente emitiu a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións do programa de Voluntariado sénior.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do 3 de setembro de 2024, para o procedemento BS508C, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior, como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 3 de setembro de 2024 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 3 de setembro de 2024, ditada no procedemento BS508C, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior
Con data do 24 de xuño de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 121 a Orde do 11 de xuño de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS508C).
O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, o 9 de agosto de 2024, de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a Comisión Avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e polas entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe no cal figuran as entidades con proxectos valorados.
Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emitiu, de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria, a proposta de resolución con data do 13 de agosto de 2024.
Vista a proposta de resolución, e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 11 de xuño de 2024,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2024 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 16.120,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.460.0.
Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2024 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 48.790,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.481.0.
Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.
Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 11 de xuño de 2024 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.
Cuarto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.
Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 11.6.2024); Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO I
Axudas concedidas a entidades locais
Concesións individuais.
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2024/020 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
A Coruña |
61,00 |
2.400,00 € |
|
2 |
2024/011 |
Concello de Lousame |
P1504300C |
A Coruña |
60,36 |
1.500,00 € |
|
3 |
2024/033 |
Concello de Padrón |
P1506600D |
A Coruña |
59,63 |
2.050,00 € |
|
4 |
2024/021 |
Concello de Mondoñedo |
P2703000F |
Lugo |
58,00 |
1.830,00 € |
|
5 |
2024/028 |
Concello de Verín |
P3208600A |
Ourense |
52,75 |
2.400,00 € |
|
6 |
2024/022 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
Ourense |
50,25 |
2.400,00 € |
|
7 |
2024/024 |
Concello de Lalín |
P3602400H |
Pontevedra |
53,05 |
1.140,00 € |
|
8 |
2024/035 |
Concello de Mos |
P3603300I |
Pontevedra |
52,75 |
2.400,00 € |
|
Total |
16.120,00 € |
|||||
ANEXO II
Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2024/013 |
ONG Mestura, pola integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornadas |
G15940414 |
A Coruña |
67,00 |
2.400,00 € |
|
2 |
2024/027 |
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental |
G15983570 |
A Coruña |
64,42 |
2.400,00 € |
|
3 |
2024/006 |
Asociación Medioambiental Amabul |
G15925209 |
A Coruña |
62,47 |
2.400,00 € |
|
4 |
2024/026 |
Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal |
G15496607 |
A Coruña |
61,19 |
1.850,00 € |
|
5 |
2024/002 |
Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos |
G15747678 |
A Coruña |
57,31 |
2.400,00 € |
|
6 |
2024/034 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
A Coruña |
55,80 |
2.320,00 € |
|
7 |
2024/007 |
Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, ASPAS |
G15031537 |
A Coruña |
55,55 |
2.400,00 € |
|
8 |
2024/014 |
Acción Familiar Ferrol |
G15745466 |
A Coruña |
53,57 |
2.340,00 € |
|
9 |
2024/025 |
Asociación Sociocultural ASCM |
G15161573 |
A Coruña |
52,25 |
2.400,00 € |
|
10 |
2024/010 |
Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea |
G15483498 |
A Coruña |
51,26 |
2.400,00 € |
|
11 |
2024/018 |
Asociación Aliad-Ultreia |
G27021120 |
Lugo |
50,25 |
1.200,00 € |
|
12 |
2024/001 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada |
G27320225 |
Lugo |
50,00 |
2.400,00 € |
|
13 |
2024/032 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
Ourense |
67,75 |
2.400,00 € |
|
14 |
2024/019 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, AFAOR |
G32198970 |
Ourense |
62,66 |
2.400,00 € |
|
15 |
2024/005 |
Asociación Limisi, para a promoción das persoas con diversidade funcional da comarca da Limia |
G32302671 |
Ourense |
54,75 |
2.400,00 € |
|
16 |
2024/004 |
Asociación Xuvenil Amencer |
G32025405 |
Ourense |
50,64 |
2.400,00 € |
|
17 |
2024/012 |
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Mezquita |
G32167900 |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
|
18 |
2024/017 |
Asociación Santiago Apóstol de Cangas |
G36204931 |
Pontevedra |
64,25 |
880,00 € |
|
19 |
2024/029 |
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar |
G36231561 |
Pontevedra |
60,89 |
2.400,00 € |
|
20 |
2024/008 |
Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal |
G27727593 |
Pontevedra |
60,79 |
2.400,00 € |
|
21 |
2024/037 |
Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares |
G36617082 |
Pontevedra |
55,04 |
2.400,00 € |
|
22 |
2024/003 |
Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa |
G36017929 |
Pontevedra |
51,44 |
1.200,00 € |
|
23 |
2024/030 |
Asociación Diversidades |
G27783950 |
Pontevedra |
50,00 |
600,00 € |
|
Total |
48.790,00 € |
|||||
ANEXO III
Solicitudes denegadas
Denegadas entidades locais.
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2024/036 |
Concello de Ponteceso |
P1506900H |
A Coruña |
Non acadar a puntuación requirida |
|
2 |
2024/016 |
Concello de Ramirás |
P3206900G |
Ourense |
Non acadar a puntuación requirida |
Denegadas entidades de acción voluntaria.
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2024/038 |
Asociación Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
A Coruña |
Non acadar a puntuación requirida |
|
2 |
2024/009 |
Asociación de Voluntariado O Mencer |
G94061421 |
Pontevedra |
Desistencia |
|
3 |
2024/015 |
Asociación Irmandade Illa de Tambo |
G94129467 |
Pontevedra |
Entidade non inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia |
