De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Alfredo Piñeiro Pérez orde de retirada de todo o material que se atopa no interior dunha nave taller do porto de Portosín, nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación desta cédula, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.
Esta cédula publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A dita nave foi recuperada pola entidade pública empresarial Portos de Galicia o 27 de novembro de 2019, logo de Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña, do 12 de novembro de 2019, en execución da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 19 de febreiro de 2019, que decretaba o desafiuzamento administrativo e a recuperación da nave taller propiedade desta entidade pública no porto de Portosín que ocupaba Alfredo Piñeiro Pérez.
Esta orde de retirada afecta a totalidade do material que aínda se atopa no interior da nave, coa excepción dos bens inventariados debidamente identificados, afectados polo embargo decretado pola Axencia Tributaria de Galicia o 2 de xullo de 2021.
Para realizar a dita actuación de retirada de material, deberá contactar previamente co celador gardapeiraos xefe do porto de Ribeira no número de teléfono 669 88 51 77.
De non se dar cumprimento a esta orde, Portos de Galicia procederá a retirar o dito material de maneira subsidiaria, polo que, de ser este o caso, se lle pasaría o oportuno custo.
Para o seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
