Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: peche LMT MOF805-REG802 en Bolmente.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avda. América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
– Liña de alta tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 2.463 m en condutor de tipo LA-56 Avifauna, con inicio no apoio proxectado núm. 65-B-59-2 da LMTA MOF805 e fin no apoio proxectado núm. 35-A27-32 da LMTA REG802, no que se instalará un interruptor seccionador telecontrolado.
– Substitución do apoio núm. 67-B-59-6 da LMTA MOF805 e instalación de contrapesos nas cadeas de suspensión dos apoios existentes números 67-B-59-3, 67-B-59-5, 67-B-59-7 e 67-B-59-8.
– Desmontaxe dos seccionadores XS con matrículas 27HA44 e 27HE28 situados sobre os apoios números 67-B-59-1 da LMTA MOF805 e 35-A27-31 da LMTA REG802 e instalación de novos seccionadores XS sobre os apoios números 67-B-59-9 e 35-A27-34.
– Substitución do condutor de tipo LA-30 existente da LMTA REG802 por LA-50 entre os apoios núm. 35-A27-30 existente e núm. 35-A27-32 proxectado, cunha lonxitude de 231 m.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Sober. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/sober-50-ATE
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 19 de agosto de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
