O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024
|
Título |
Obxecto |
Achega económica da Secretaría (€) |
Data da sinatura |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de São Paulo (Brasil) |
Contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de asistencia social desta sociedade. |
15.000,00 € |
12.8.2024 |
|
Addenda ao convenio entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socio-asistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela |
Contribuír ao financiamento dos servizos de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de exclusión social, idade, falta de ingresos ou dependencia, non poden afrontar o custo das prestacións que precisan e non teñen cobertura a través doutros mecanismos de colaboración. |
20.000,00 € |
12.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago para o mantemento dun punto de información e asesoramento social en Salvador de Bahía (Brasil) |
Manter un punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial. |
10.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Casa de España en Río de Janeiro, co fin de contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dun punto de información e asesoramento en Río de Janeiro (Brasil) |
Atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro que, por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter un punto de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial. |
25.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais |
Manter un punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial. |
20.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Puerto La Cruz para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto La Cruz (Venezuela) |
Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Gallego de Puerto La Cruz (Venezuela) para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial. |
10.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas (Venezuela) |
Manter un punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial. |
20.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos, para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos (Brasil) |
Atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía de orixe galega residente en Santos (Brasil) que, por razóns de idade ou estado físico, careza de autonomía persoal e/ou que se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa. |
10.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación España Salud de Venezuela, en Caracas, para a atención das necesidades socio-sanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela |
Contribuír á atención das necesidades sanitarias e domiciliaria ás persoas maiores de orixe galega residentes en Venezuela que necesitan da súa cobertura por razóns de idade, dependencia e falta de recursos para afrontalas. |
25.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Mar del Plata, para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Mar del Plata (Arxentina) acollida no centro de día |
Contribuír ao financiamento do custo derivado da atención que se lles presta ás persoas galegas acollidas no centro de día. |
5.000,00 € |
30.8.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires (Arxentina), para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires |
Contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que residen no Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires que, por razón de carencia ou de dependencia, se atopen en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estadía. |
10.000,00 € |
30.8.2024 |
