DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2024 Páx. 50693

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira.

En vista da proposta elevada pola Comisión de Funcionarización cualificadora das probas selectivas para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias da Universidade de Vigo, convocadas pola Resolución do 10 de xaneiro de 2024 (DOG do 22 de xaneiro), e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade de Vigo, así como no Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo, do 5 de xullo de 2021, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo, con indicación da escala e subescala, con especificación do destino definitivo que, agás no caso de desempeño provisional ou reingreso, será o mesmo que estaba ocupando con tal carácter como persoal laboral fixo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo con efectos do día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 5 de setembro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Nome

DNI

Posto

Escala

Subescala

SG

Alonso Rodríguez, Alda

***6078**

Técnico/a de laboratorio

Técnica media de apoio á docencia e investigación

Análise de alimentos

A2

Castro González, Mercedes

***4770**

Auxiliar de servizos

Auxiliar técnica de servizos xerais

Conserxaría

C2

Díaz Vázquez, José David

***7649**

Auxiliar de servizos

Auxiliar técnica de servizos xerais

Conserxaría

C2

Iglesias Galán, María Hilda

***7523**

Técnico/a de I+D

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

I+D

A1

Morán Vaquero, Manuel

***9210**

Analista

Técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

A1

Morán Vaquero, Manuel

***9210**

Xestor/a informático

Técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

A2

Mosteiro García, Beatriz

***7925**

Auxiliar de servizos

Auxiliar técnica de servizos xerais

Conserxaría

C2