En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 14 de maio de 2024, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vidueiro, Penelas, Valelonga, Preiro, Searas e Almeide, a favor da Comunidade de Montes Veciñais de Boado e Porto Alto, no concello de Xinzo de Limia, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 6 de febreiro de 2022 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Boado e Porto Alto, en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Vidueiro, Penelas, Valelonga, Preiro, Searas e Almeide.
Segundo. Con data do 20 de febreiro de 2024, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Vidueiro, Penelas, Valelonga, Preiro, Searas e Almeide.
Superficie: 34,75 ha.
Pertenza: CMVMC de Boado e Porto Alto.
Parroquia: Boado (San Pedro).
Concello: Xinzo de Limia.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (parcela Vidueiro):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A14400292 |
Norte |
32033A14400301 32033A14400293 |
|
Leste |
32033A14400293 32033A14500568 |
|
|
Sur |
32033A14500569 |
|
|
Oeste |
32033A14409005 32033A14400242 32033A14400294 32033A14400295 32033A14400296 32033A14400297 32033A14400298 32033A14400299 |
|
Predio 2 (parcelas Penelas, Valelonga e Preiro):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A13800157 32033A14600347 32033A14700173 |
Norte |
32033A13800155 32033A13800156 32033A13800158 32033A13800159 32033A13800161 |
|
32033A13800162 32033A13800178 32033A13800177 32033A13800176 32033A13800179 32033A13800181 32033A13800185 32033A13800187 32033A13800220 32033A14700414 32033A14700412 32033A14700411 32033A14700408 32033A14700407 32033A14700406 32033A14700405 32033A14700404 32033A14700403 32033A14700402 32033A14700401 32033A14700400 32033A14700399 32033A14700398 32033A14700397 32033A14700396 32033A14700395 32033A14700394 32033A14700393 32033A14700392 32033A14700430 32033A14700429 32033A14700391 32033A14700180 32033A14700172 32033A14700164 32033A14700159 |
||
|
Leste |
32033A14700158 32033A14700157 32033A14700156 32033A14700155 32033A14700154 32033A14700153 32033A14700152 32033A14700151 32033A14700150 32033A14700149 32033A14700074 32033A14700073 32033A14700072 32033A14700071 32033A14700443 32033A14700070 |
|
|
32033A14700442 32033A14700441 32033A14700061 32033A14700057 32033A14700058 32033A14700059 32033A14700035 32033A14700034 32033A14700031 32033A14700030 32033A14700029 32033A14700013 32033A14700012 32033A14700011 32033A14700010 32033A14700009 32033A14700007 32033A14700006 32033A14700005 32033A14700004 32033A14700003 32033A14700002 32033A14700001 32033A14600386 32033A14600427 32033A14600424 32033A14600390 32033A14600364 32033A14600360 32033A14600359 32033A14600358 32033A14600357 32033A14600356 32033A14600355 32033A14600354 32033A14600353 32033A14600352 32033A14600351 32033A14600350 32033A14600348 |
||
|
Sur |
32033A14609001 32033A14600290 32033A14600291 32033A14600294 32033A14600301 32033A14609002 |
|
|
Oeste |
32033A14600320 32033A14600343 32033A14600342 32033A14600090 32033A14600089 |
|
|
32033A14600085 32033A14600084 32033A14600083 32033A14600082 32033A14600081 32033A14600079 32033A14600394 32033A14600393 32033A14600392 32033A14600391 32033A14600396 32033A14600395 32033A14600397 32033A13800415 32033A13800412 32033A13800411 32033A13800410 32033A13800407 32033A13800403 32033A13800397 32033A13800396 32033A13800394 32033A13800393 32033A13800388 32033A13800374 32033A13800373 32033A13800372 32033A13800371 32033A13800368 |
||
|
Encravados |
32033A14600345 32033A14600346 |
|
Predio 3 (parcelas Seara e Almeide):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A50505318 32033A50505503 32033A50505504 |
Norte |
32033A14400301 32033A14400293 |
|
Leste |
32033A14400293 32033A14500568 |
|
|
Sur |
32033A14500569 |
|
|
Oeste |
32033A14409005 32033A14400242 32033A14400294 32033A14400295 32033A14400296 |
|
|
32033A14400297 32033A14400298 32033A14400299 |
||
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992,do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Vidueiro, Penelas, Valelonga, Preiro, Searas e Almeide, a favor da Comunidade de Montes Veciñais de Boado e Porto Alto, no concello de Xinzo de Limia, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 5 de setembro de 2024
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense
