Mediante a Orde do 15 de xullo de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 142, do 23 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Orde desta consellería do 15 de xullo de 2024, no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria
ANEXO
Apelidos e nome: Boquete Pumar, María Luisa.
DNI: ***3501**.
Grupo/subgrupo: A1.
Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código de posto: EI.C02.00.003.15770.001.
Denominación do posto: subdirector/a xeral de Coordinación Económica.
Nivel: 30.
Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
