DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51675

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira o persoal que superou o procedemento selectivo das prazas de PAS funcionario e PAS laboral do Marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal correspondentes aos subgrupos A1 e C1.

Publicada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do Marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, convocadas pola Resolución reitoral do 5 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), a proposta definitiva de persoal seleccionado correspondente aos subgrupos A1 e C1, unha vez rematado o prazo establecido na base 8.1 e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta parcial feita polo tribunal cualificador e nomear como funcionarios/as de carreira as persoas que superaron o proceso selectivo e acreditaron reunir os requisitos establecidos na base 2 da convocatoria segundo se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computarse a partir do 15 de outubro de 2024.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Técnico superior de administración. Subgrupo A1.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Cód. posto

Denominación e adscrición posto

Campus

Quenda

Observacións

1

***7035**

García Gancedo, María Rosario

PF000902

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

Compostela

Mañá

2

***3974**

López Gómez, Carolina

PF000903

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

Compostela

Mañá

3

***9367**

Rey Quintás, María Nuria

PF000904

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

Compostela

Mañá

4

***5888**

Torrente Sánchez, María Purificación

PF000905

Técnico superior de administración. Unidade de Orientación e Intermediación para o Emprego

Compostela

Mañá

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Subgrupo C1.

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Cód. posto

Denominación e adscrición posto

Campus

Quenda

Observacións

1

***2797**

García Piñeiro, José María

PF000487

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Xerencia

Compostela

Mañá