DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 10 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2014/00484 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non o faceren, consideraranse desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 10 de setembro de 2024

María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2014/00484

32709500G

32691091H

AC-2015/00208

32713880Z