DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2015/00288 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións relacionadas están á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalas no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 10 de setembro de 2024

María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2015/00288

58023678Z

AC-2013/00052

Y3052191J

AC-2015/00249

32719765B

AC-2016/00093

32712311D

AC-2018/00220

47439217S