DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de nomeamentos de funcionarios de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos (estabilización).

Acordouse nomear funcionarios de carreira e declarar persoal laboral fixo do Concello de Ames as seguintes persoas por superar os procesos selectivos e acreditar que posúen os requisitos establecidos nas bases (publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 234, do 13.12.2022, con correccións no BOP núm. 3, do 4.1.2023):

Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 2480/2024 do 7 de agosto nomeouse funcionario de carreira do Concello de Ames a Esteban de la Fuente Rodríguez, con DNI núm. ***3647**, na praza de técnico do ciclo integral da auga, escala Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, con código da RPT núm. 10.00.02 e tipo de adscrición definitiva.

Mediante o Decreto da Alcaldía núm. 2478/2024, do 7 de agosto, declarouse persoal laboral fixo do Concello de Ames a Alicia Nieto Camiño, con DNI núm. ***2861**, na praza de traballadora social, grupo A2, con código da RPT núm. 07.01.05 e tipo de adscrición provisional.

De conformidade coas bases, a toma de posesión no caso de funcionarios de carreira ou formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase no prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio da resolución no BOP. Os anuncios publicáronse no BOP núm. 154, do 12 de agosto de 2024.

Ames, 12 de agosto de 2024

José Blas García Piñeiro
Alcalde