DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de setembro de 2024 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-24-548 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles ao denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, de 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación dos presentes acordos, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretenda valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispón dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a publicación do presente acordo, para identificar, no caso de que non fose vostede, o/a condutor/a do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicar o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderá vostede persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lle sexa imputable e igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-24-548

0307-FHX

Gardapeiraos

53481657X

Estacionamento prohibido

27.6.2024; 12.26 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-45

3166-KVZ

Gardapeiraos

10028816B

Estacionamento prohibido

16.7.2024; 12.53 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-205

5500-JBD

Pafif

E-27777515

Estacionamento prohibido

22.6.2024; 19.15 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-207

36124167E

Pafif

36124167E

Estacionamento prohibido

24.6.2024; 11.10 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-47

5582-JKZ

Policía autonómica

54321123E

Estacionamento prohibido

25.6.2024; 16.32 horas

As Corbaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-52

PO-3474-AW

Policía autonómica

35816133G

Estacionamento prohibido

28.6.2024; 9.48 horas

As Corbaceiras

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-24-56

0379-GNW

Policía autonómica

77465883C

Estacionamento prohibido

28.6.2024; 9.48 horas

As Corbaceiras

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €