DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

193/2024

Aurora Teixeira Piñeiro

32026A012000720000TL

185/2024

Teresa Franqueira Carpinteiro

32026A011000240000TY

213/2024

Sara Fernández Diéguez

32026A011004810000TT

180/2024

María Concepción Gómez Rodríguez

32026A022000120001YM

203/2024

Pomposa Iglesias Novoa

32026A012001850000TZ

190/2024

Celsa Rodríguez

32026A005000520000TJ

216/2024

En investigación

32026A014005820000TJ

219/2024

Carmen Alberte Pereira

32026A014005910000TW

204/2024

Dolores Diéguez González

32026A012001810000TI

183/2024

Otilia Salgado Álvarez

32026A036002060000TU

209/2024

José González Lorenzo

1581102NG7858N0001TR

209/2024

Dolores González Lorenzo

1581102NG7858N0001TR

176/2024

Fernando Pérez Fernández

32026A010001180000TF

227/2024

Nicanor Fernández Pérez

32026A036002000000TX

235/2024

José Conde Somoza

32026A011006930000TW

243/2024

Dolores Rodríguez

32026A013001410000TQ

252/2024

Benito Rivera Cobelo

32026A005000100000TM

260/2024

En investigación

32026A011007610000TY

238/2024

Jesús Gil Rey

1479103NG7848S0001RI

Cenlle, 9 de setembro de 2024

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa