DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52779

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se adxudican bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 13 de maio de 2024 (código de procedemento PL500E).

A Orde do 13 de maio de 2024 (DOG núm. 101, do 27 de maio) establece as bases e anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas as dúas pola subdirectora xeral da Lingua en cumprimento do establecido no artigo 16.2 da dita orde, e acompañadas da acta da comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 desa orde e da resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 13 de maio de 2024,

DISPÓN:

Artigo 1

Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.

Artigo 2

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua

ANEXO I

Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade Complutense de Madrid (España)

María Sonia Cruz Pérez

***3373**

Desde o 1.10.2024

ata o 30.9.2027

Université de la Sorbonne Nouvelle, París III (Francia)

Vanesa Freire Armada

***4388**

Desde o 1.10.2024

ata o 30.9.2027

Sapienza, Università di Roma (Roma)

Vanesa Fernández Campos

***9032**

Desde o 1.10.2024

ata o 30.9.2027

Universidade Federal da Bahía (Brasil)

Isabel Beltrán López

***8213**

Desde o 1.1.2025

ata o 31.12.2027