DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53079

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade a varias encargas realizadas ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 11 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de prestación de apoio técnico na revisión e seguimento na execución de obra de proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias-anualidade 2024-2025.

– Actividade: revisión dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias para comprobación do cumprimento da normativa en vigor e da correcta definición técnica, así como detección de erros en fase previa. Apoio no seguimento técnico na execución da obra e no control arqueolóxico dos proxectos e obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos doce mil euros con oitenta e dous céntimos (212.000,82 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

2. Resolución do 17 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Pontevedra, ano 2024, fase 2, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan de Desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción dun peche de 1.475 metros, colocación de cancelas para entrada e saída do gando e colocación de paso canadense para entrada e saída de gandeiros e vehículos no concello de Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta e nove mil cincocentos noventa e cinco euros con setenta e un céntimos (49.595,71 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

3. Resolución do 11 de xullo de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico á elaboración do Manual de procedementos e Plan de controis específico da Dirección Xeral de Defensa do Monte para a Intervención GAL68812: investimentos forestais non produtivas en prevención de danos forestais, programada pola Consellería do Medio Rural no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: colaboración na revisión, actualización e simplificación de procedementos para elaborar o Manual de procedemento para a Intervención GAL68812 e na elaboración do seu plan de controis específico.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á data da sinatura da acta de inicio ata o 31.10.2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de quince mil setecentos oitenta e oito euros con cincuenta e cinco céntimos (15.788,55 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.02.551B.640.1 (código de proxecto 2008 00391).

4. Resolución do 23 de xullo de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización de obras complementarias na zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuación en catro camiños (tanto nova apertura como mellora de camiño existente), execución dunha rampla e un viradoiro, cunha lonxitude total de 826,00 m.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e cinco mil douscentos sesenta e cinco euros con trinta e dous céntimos (75.265,32 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

5. Resolución do 30 de xullo de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a renovación da ponte sobre o río Samo na Maquía (Ordes e Frades-A Coruña).

– Actividade: construción dunha nova ponte sobre o río Samo logo de demolición da estrutura de paso existente na actualidade.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos dezasete mil catrocentos euros con sesenta e un céntimos (317.400,61 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00205).

6. Resolución do 14 de agosto de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a reforma de planta baixa para oficina rural e base de unidade operativa (BUO) de Meira (Lugo).

– Actividade: reforma para acadar un maior aproveitamento da superficie dispoñible mediante a distribución correcta de áreas de traballo e de zona de espera do público e o funcionamento óptimo de percorridos da zona de brigadistas ademais da correcta distribución dos espazos en despachos e vestiarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 7 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos dous mil trescentos catro euros e un céntimo (902.304,01 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.01.711A.632.1 (código de proxecto 2021 00084).

7. Resolución do 23 de agosto de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico para actividades auxiliares no control e seguimento da documentación derivada da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 (fase de xustificación).

– Actividade: relacionado coa Orde do 11 de decembro de 2023 realizaranse traballos auxiliares de apoio no control da documentación de solicitudes e xustificación de investimentos ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e oito mil cincocentos trinta e seis euros con setenta e nove céntimos (38.536,79 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

8. Resolución do 22 de agosto de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico para actuacións de apoio técnico previo á preparación dos informes aos recursos de alzada contra o acordo, así como propostas de modificación de bases e Acordo para a validación documental co obxecto da inmatriculación rexistral das zonas de reestruturación parcelaria. Anualidade 2024-2025.

– Actividade: labores de apoio técnico aos directores das zonas de reestruturación parcelaria e apoio técnico na comprobación, actualización e validación da documentación gráfica e alfanumérica nos procesos de concentración parcelaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos trinta e dous mil novecentos corenta e seis euros con cincuenta e un céntimos (1.532.946,51 €), con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural