DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53076

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade a varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 11 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a restauración do potencial forestal danado polos incendios forestais mediante as actuacións de retirada de madeira queimada nos montes da Edreira (Laza) e da Ferrería (Montederramo) da provincia de Ourense.

– Actividade: a recuperación do potencial forestal de superficies afectadas polos incendios forestais mediante a eliminación da vexetación queimada e a trituración dos restos in situ deixándoos como mulch para axudar a previr a erosión e favorecer a recuperación da capa orgánica dos solos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos corenta e nove mil novecentos noventa e sete euros con sesenta e catro céntimos (449.997,64 €) con cargo á aplicación orzamentaria 45.03.713B.604.0 (código de proxecto 2023 00256).

2. Resolución do 24 de xuño de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción dun depósito de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais no concello do Carballiño, provincia de Ourense.

– Actividade: a realización das infraestruturas necesarias para a construción dun punto de auga, tales como o movemento de terras, a impermeabilización e o formigonado do vaso de escavación, as captacións de auga e a adecuación dos accesos, a mellora do camiño perimetral que dá acceso ás captacións e favorecer ao mesmo tempo a prevención de incendios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta e oito mil seiscentos trinta e cinco euros con trinta e un céntimos (48.635,31 €) con cargo ás aplicacións orzamentarias 45.02.551B.601.1 e 45.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

3. Resolución do 23 de agosto de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do servizo de coordinación da seguridade e saúde e apoio á dirección facultativa en actuacións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural na anualidade de 2024-2025.

– Actividade: os traballos que se van realizar consisten na realización das tarefas de coordinación de seguridade e saúde en obras e servizos promovidos pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, tales como a mellora e a construción de infraestruturas, os traballos culturais, as restauracións hidrolóxicas, etc. Tamén poderían prestar un servizo de apoio á dirección de obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 16 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento dezanove mil seiscentos oitenta e un euros con catro céntimos (119.681,04 €) con cargo á aplicación orzamentaria 45.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural