
O día 9 de xaneiro de 2022, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).
De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
Segundo o establecido nos artigos 16, 40 e 66 da citada orde, as resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dos actos administrativos e das correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Ademais, reflectirá que a medida se encadra no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as axudas aos expedientes relacionados no anexo I, solicitadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).
Estas axudas concédense con cargo ao novo código de proxecto 45.03.713B.770.0.2023.00238; segundo o establecido na Orde do 25 de abril de 2024 pola que se regulan as actuacións orzamentarias e contables necesarias para a adaptación do orzamento á estrutura da Xunta de Galicia aprobada no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.
Segundo. Desestimar as axudas que se relacionan no anexo II, polos motivos alí indicados.
Terceiro. Informar ás persoas beneficiarias destas subvencións do seguinte:
1. Estas axudas fináncianse integramente a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis, de acordo co Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352/1, do 24 de decembro de 2013), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 200.000 euros de axudas sometidas ao dito réxime durante calquera período de tres exercicios fiscais.
2. O anexo I relaciona o listado das axudas solicitadas que foron concedidas e o anexo II, das axudas que foron desestimadas coa indicación das causas de desestimación. No anexo III figura a priorización das solicitudes segundo o indicado na orde. Estas listas están na páxina web da Consellería do Medio Rural.
3. Os beneficiarios das axudas concedidas indicadas no anexo I deberán presentar por escrito, antes do 31 de xullo de 2025, unha única xustificación da realización do investimento subvencionado e solicitude de pagamento e deberán achegar a seguinte documentación:
a) Para a liña I, procedemento MR608D, segundo o artigo 18.2 da orde de axudas, as entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo III), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:
1º. Memoria técnico-económica xustificativa da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como a xustificación dos criterios de imputación, asinada pola persoa que teña a representación da entidade beneficiaria, segundo a memoria técnico-económica xustificativa das actividades (anexo IV).
2º. Facturas que cumpran os seguintes requisitos:
a. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
b. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención.
3º. Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria, en que consten a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
4º. Documentación xustificativa dos gastos de persoal propio da entidade beneficiaria, que consistirá en:
a. Copia das nóminas do persoal que realicen tarefas dos gastos subvencionables e xustificante bancario do seu pagamento.
b. Recibo de liquidación da cotización (RLC) e xustificante bancario do seu pagamento.
5º. Relación de persoas asistentes por edición (anexo V) coa finalidade de acreditar a asistencia mínima a que se refire o artigo 7.1. A indicada relación de persoas asistentes conterá: nome, apelidos, o número do documento de identificación persoal, idade e número de teléfono.
6º. Informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 27 desta orde.
7º. Documentos xerados durante a execución das actividades, en formato dixital (como, por exemplo, documentos de difusión, materiais entregados, material docente, material audiovisual, reportaxes fotográficas, etc.) nos cales se aprecie que se cumpriu coa obrigatoriedade de publicidade do financiamento con fondos NextGenerationEU citada no artigo 27 destas bases.
8º. No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro. Para iso, debe presentar o anexo VI (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade beneficiaria xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).
b) Para a liña II, procedemento MR608E, segundo o artigo 42.2 da orde de axudas, as entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo VIII), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:
1º. Documentación específica de cada actuación subvencionada, da sinalada no anexo XIV (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.
As facturas achegadas deben cumprir os seguintes requisitos:
a. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
b. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.
Nos xustificantes bancarios de pagamento pola entidade beneficiaria, deben constar a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
2º Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo XIII (actuacións e importes máximos) e no artigo 30.
3º. No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro.Para iso, debe presentar o anexo IX (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade beneficiaria xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).
c) Para a liña III, procedemento MR608F, segundo o artigo 68.2 da orde de axudas, as entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo XI), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:
1º. Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:
a. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.
b. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.
2º. Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria en que consten a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
3º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos, de ser o caso, como na resolución de aprobación, de acordo cos puntos que figuran no anexo XV (actuacións e importes máximos dos investimentos) e no artigo 54.
4º. Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo XV (actuacións e importes máximos) e no artigo 54.
5º. Documentación específica de cada actuación subvencionada da sinalada no anexo XVII (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.
6º. No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro.
Para iso, debe presentar o anexo XII (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado polo representante da entidade beneficiaria xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).
4. Nas solicitudes de pagamento (anexos III, VIII e XI) inclúese a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para as mesmas actividades incluídas no proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Ademais, tamén se inclúe a declaración de que mantén os requisitos para ser entidade beneficiaria e a mesma puntuación de priorización aplicando os criterios de selección.
5. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as entidades beneficiarias non estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.
Contra a resolución que se publica cabe a interposición de recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro de 2015)
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO I
Listaxe de solicitudes de axuda concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F).
Aprobacións liña I, procedemento MR608D.
|
Expediente |
Beneficiario |
NIF |
Conceptos subvencionados |
Axuda aprobada |
|
25150001/2024 |
Asociación Sectorial Forestal Galega-Asefoga |
***5605** |
3 campañas divulgativas en 5 concellos Campaña divulgativa xeral |
19.800,00 € |
|
25150002/2024 |
Comunidade Montes Veciñais parroquia de Isorna |
***4607** |
Actividades divulgativas presenciais sobre as AFXC, 8 edicións |
4.800,00 € |
|
25150003/2024 |
Veciños Asados 188 |
***4209** |
Actividades divulgativas presenciais sobre as AFXC, 8 edicións |
4.800,00 € |
|
25150004/2024 |
Asociación Forestal de Galicia |
***1121** |
Actividades divulgativas presenciais, 34 edicións |
13.934,60 € |
|
25270001/2024 |
MVMC de Barcela e Vilauxín |
***1400** |
3 xornadas informativas sobre creación e xestión dunha AFXC |
5.069,19 € |
Aprobacións liña II, procedemento MR608E.
|
Expediente |
Beneficiario |
NIF |
Conceptos subvencionados |
Axuda aprobada |
|
26150001/2024 |
Asociación Fomento Forestal |
***1069** |
Contratación de persoal técnico Equipamento técnico |
34.575,58 € |
|
26150002/2024 |
Asociación de Produtores de madeira de Cedeira |
***0923** |
Contratación de persoal técnico 4 cargadoiros de madeira Equipamento técnico |
49.028,29 € |
Aprobacións liña III, procedemento MR608F.
|
Expediente |
Beneficiario |
NIF |
Conceptos subvencionados (*) |
Axuda aprobada |
|
27150001/2024 |
Sociedade de Montes Sostibles de Cuns, S.L. |
***4673** |
LIII-4, LIII-5, LIII-6 |
8.568,80 € |
|
27270001/2024 |
Sofor Monte de Candedo, S.L. |
***4956** |
LIII-5 |
1.000,00 € |
|
27270002/2024 |
Agrupación Forestal Momán, C.B. |
***2141** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4 |
25.915,90 € |
|
27270003/2024 |
Sofor Monte Uceira de la Parroquia de Cirio, S.L. |
***4957** |
LIII-5, LIII-8 |
2.500,00 € |
|
27270004/2024 |
Sofor Santa Juliana, S.L. |
***4689** |
LIII-3, LIII-5 |
3.867,20 € |
|
27270005/2024 |
Agrup. Forestal de Xestión Conxunta Río Neira, S.C. |
***9034** |
LIII-1, LIII-2 |
49.994,70 € |
|
27270006/2024 |
Agrupación de Propietarios Particulares de Furco |
***5022** |
LIII-1, LIII-3, LIII-4 |
49.995,01 € |
|
27270007/2024 |
Asociación Monte Cruz do Tío Diego |
***4714** |
LIII-1, LIII-2 |
50.000,00 € |
|
27270008/2024 |
Chao de Eiros Narón Espj |
***3814** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4 |
24.393,28 € |
|
27270009/2024 |
Asociación Montes Serrón, Serra, Porvello, Golado e Barrancón |
***8129** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4, LIII-7 |
31.915,53 € |
|
27320001/2024 |
Asociación Propietarios de Soutos de Riomao |
***4746** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7, LIII-8 |
48.485,09 € |
|
27320002/2024 |
Asoc. Veciños de Tuxe A Senra |
***9824** |
LIII-4, LIII-6, LIII-7, LIII-8 |
14.038,61 € |
|
27320003/2024 |
Asoc. Veciños de Cambela Os Palmeiros |
***9823** |
LIII-6, LIII-7, LIII-8 |
8.415,00 € |
|
27320004/2024 |
Asoc. de Fincas Particulares de Gondulfes |
***4521** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7 |
48.842,83 € |
|
27320005/2024 |
Asoc. Centro de Animación Rural Celavente |
***1940** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7, LIII-8 |
48.484,36 € |
|
27320006/2024 |
Castiñeiros de Cantoña |
***8077** |
LIII-1, LIII-2, LIII-8 |
49.752,78 € |
|
27320007/2024 |
Asociación para a Xestión dos Montes da Peroxa |
***6956** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7 |
49.274,19 € |
|
27320008/2024 |
Asociación para a Recuperación de Soutos da parroquia de Prada |
***3778** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7, LIII-8 |
49.651,55 € |
|
27320009/2024 |
Asociación de Fincas Particulares de Meixide |
***3981** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7, LIII-8 |
46.681,22 € |
|
27320010/2024 |
Asoc. para a Valorización do Monte Entreoslameiros Lousado de Piñor |
***3936** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4 |
26.584,19 € |
|
27320011/2024 |
Sociedade de Fomento Forestal Candeda |
***5062** |
LIII-4, LIII-5, LIII-6, LIII-7, LIII-8 |
28.422,42 € |
|
27320012/2024 |
Asociación de Fincas Particulares de Marbán |
***4244** |
LIII-1, LIII-2, LIII-4, LIII-7 |
36.147,40 € |
|
27320013/2024 |
Asociación de Propietarios de Coutada |
***4837** |
LIII-1, LIII-2, LIII-8 |
11.305,10 € |
|
27360001/2024 |
Asociación Montes de Vigo Sur |
***7895** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4, LIII-7 |
19.906,42 € |
|
27360002/2024 |
Asociación para a Unión de Montes Privados de Barcela |
***4497** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4, LIII-7 |
19.148,13 € |
|
27360003/2024 |
Agrupación Forestal para a Valorización dos Montes do Condado-Paradanta, S.L. |
***4113** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4, LIII-7 |
39.745,12 € |
|
27360004/2024 |
Asociación de Propietarios de Terras Agrarias de Moalde |
***7302** |
LIII-1, LIII-2, LIII-3, LIII-4 |
49.306,05 € |
(*) Os códigos que se indican correspóndense coas seguintes actuacións, de acordo co que figura no anexo XV da orde de axudas:
|
Código |
Actuación |
|
LIII-1 |
• Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC • Listaxe do tipo de participación da persoa socia • Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC • Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta |
|
LIII-2 |
Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante |
|
LIII-3 |
Revisión do parcelario e estado das parcelas para novas AFXC / ampliación das AFXC inscritas |
|
LIII-4 |
Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas |
|
LIII-5 |
Boa gobernanza das Sofor |
|
LIII-6 |
Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos |
|
LIII-7 |
Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC |
|
LIII-8 |
Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas |
ANEXO II
Axudas desestimadas coa indicación das causas da desestimación
Liña II, procedemento MR608E.
|
Expediente |
NIF |
Titular |
Motivo de arquivamento |
|
26270001/2024 |
***3447** |
Asoc. Produtores de Madeira de Viveiro Promavi |
Incumpre obrigas tributarias coa AEAT |
ANEXO III
Priorización das solicitudes
Liña I, procedemento MR608D.
|
Posto priorización |
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Puntuación |
Subvención |
|
1 |
25150001/2024 |
***5605** |
Asociación Sectorial Forestal Galega-Asefoga |
91 |
19.800,00 |
|
2 |
25150004/2024 |
***1121** |
Asociación Forestal de Galicia |
85 |
13.934,60 |
|
3 |
25270001/2024 |
***1400** |
MVMC de Barcela e Vilauxín |
41 |
5.069,19 |
|
4 |
25150003/2024 |
***4209** |
Veciños Asados 188 |
29 |
4.800,00 |
|
5 |
25150002/2024 |
***4607** |
Comunidade Montes Veciñais parroquia de Isorna |
21 |
4.800,00 |
Liña II, procedemento MR608E.
|
Posto priorización |
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Puntuación |
Subvención |
|
1 |
26150002/2024 |
***0923** |
Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira |
50 |
49.028,29 |
|
2 |
26150001/2024 |
***1069** |
Asociación Fomento Forestal |
25 |
34.575,58 |
Liña III, procedemento MR608F.
|
Posto priorización |
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Puntuación |
Subvención |
|
1 |
27270001/2024 |
***4956** |
Sofor Monte de Candedo, S.L. |
83 |
1.000,00 |
|
2 |
27150001/2024 |
***4673** |
Sociedade de Montes Sostibles de Cuns, S.L. |
79 |
8.568,80 |
|
3 |
27270003/2024 |
***4957** |
Sofor Monte Uceira de la Parroquia de Cirio, S.L. |
52 |
2.500,00 |
|
4 |
27270004/2024 |
***4689** |
Sofor Santa Juliana, S.L. |
49 |
3.867,20 |
|
5 |
27320006/2024 |
***8077** |
Castiñeiros de Cantoña |
48 |
49.752,78 |
|
6 |
27320005/2024 |
***1940** |
Asoc. Centro de Animación Rural Celavente |
45 |
48.484,36 |
|
7 |
27320011/2024 |
***5062** |
Sociedade de Fomento Forestal Candeda |
41 |
28.422,42 |
|
8 |
27320009/2024 |
***3981** |
Asoc. de Fincas Particulares de Meixide |
36 |
46.681,22 |
|
9 |
27320002/2024 |
***9824** |
Asoc. Veciños de Tuxe A Senra |
35 |
14.038,61 |
|
10 |
27360004/2024 |
***7302** |
Asoc. de Propietarios de Terras Agrarias de Moalde |
35 |
49.306,05 |
|
11 |
27360003/2024 |
***4113** |
Agrupación Forestal para a Valorización dos Montes do Condado-Paradanta, S.L. |
34 |
39.745,12 |
|
12 |
27320010/2024 |
***3936** |
Asoc. para a Valorización do Monte Entreoslameiros Lousado de Piñor |
33 |
26.584,19 |
|
13 |
27320004/2024 |
***4521** |
Asoc. de Fincas Particulares de Gondulfes |
32 |
48.842,83 |
|
14 |
27270007/2024 |
***4714** |
Asoc. Monte Cruz do Tío Diego |
31 |
50.000,00 |
|
15 |
27320007/2024 |
***6956** |
Asoc. para a Xestión dos Montes da Peroxa |
31 |
49.274,19 |
|
16 |
27320012/2024 |
***4244** |
Asoc. de Fincas Particulares de Marbán |
30 |
36.147,40 |
|
17 |
27270009/2024 |
***8129** |
Asoc. Montes Serrón, Serra, Porvello, Golado e Barrancón |
30 |
31.915,53 |
|
18 |
27320003/2024 |
***9823** |
Asoc. Veciños de Cambela Os Palmeiros |
30 |
8.415,00 |
|
19 |
27270005/2024 |
***9034** |
Agrupación Forestal de Xestión Conxunta Río Neira, S.C. |
27 |
49.994,70 |
|
20 |
27270002/2024 |
***2141** |
Agrupación Forestal Momán, C.B. |
27 |
25.915,90 |
|
21 |
27320008/2024 |
***3778** |
Asoc. para a Recuperación de Soutos da Parroquia de Prada |
27 |
49.651,55 |
|
22 |
27360002/2024 |
***4497** |
Asoc. para a Unión de Montes Privados de Barcela |
27 |
19.148,13 |
|
23 |
27270006/2024 |
***5022** |
Asoc. Agrupación de Propietarios Particulares de Furco |
25 |
49.995,01 |
|
24 |
27320001/2024 |
***4746** |
Asoc. Propietarios de Soutos de Riomao |
25 |
48.485,09 |
|
25 |
27270008/2024 |
***3814** |
Chao de Eiros Naron Espj |
23 |
24.393,28 |
|
26 |
27320013/2024 |
***4837** |
Asoc. de Propietarios de Coutada |
21 |
11.305,10 |
|
27 |
27360001/2024 |
***7895** |
Asoc. Montes de Vigo Sur |
3 |
19.906,42 |
