BDNS (Identif.): 787516.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
– A axuda indicada no número 3 do artigo 2 da orde só se concederá a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de:
• Ser elaboradoras de viño tinto amparado na DO Ribeira Sacra.
– Que asuman as obrigas establecidas nos artigos 4 e 5 desta orde.
– Que compren ou comprasen uva amparada pola DO Ribeira Sacra a persoas viticultoras na campaña vitivinícola 2024/2025 e;
– Cumpran, ademais, algún destes requisitos:
1º) Ter comprado uva de variedade tinta amparada pola DO Ribeira Sacra na campaña vitícola 2023/2024 a persoas viticultoras.
– 2º) Ter utilizado uvas de variedade tinta amparada pola DO Ribeira Sacra dos seus propios viñedos na campaña vitícola 2023/2024, actuando como persoas viticultoras.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2024, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a destilación voluntaria de viño amparado pola denominación de orixe Ribeira Sacra.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 25 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á destilación voluntaria de crise e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MR446B).
Cuarto. Contía
1. As subvencións outórganse con cargo á aplicación orzamentaria 14.80.713F.779.0 proxecto contable 2024 00001 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024.
2. As axudas reguladas financiaranse con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. A axuda financeira para a destilación voluntaria de crise será de 105,00 €/hl de viño tinto destilado.
4. O importe máximo destinado ao pagamento das axudas ascenderá a cincocentos mil euros (500.000 €) que poderá incrementarse cando concorran as causas establecidas no punto 5 do artigo 2 da orde.
Quinto. Prazo de presentación da solicitude
O prazo de presentación da solicitude será dun mes, e iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
