O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
|
Obxecto |
Importe total |
Data sinatura |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo PAIME. |
65.000,00 € |
10.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa de apoio para a recuperación integral das persoas con discapacidade orgánica. |
164.000,00 € |
13.5.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Salamanca, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario. |
0.00 € |
15.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía da marca Varian. |
0.00 € |
16.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Concello de Ferrol (Servizos de Benestar Social), para a formación de especialistas de Enfermaría familiar e comunitaria pertencentes á Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Ferrol. |
0.00 € |
22.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, Edryx Healthcare e Abbott España, para a organización dunha Xornada sobre o impacto da tecnoloxía para o paciente diabético en Galicia. |
0.00 € |
28.5.2024 |
|
Acordo marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Roche Farma, S.A.U., para a realización de actividades de interese sanitario en materia de medicina personalizada e de precisión. |
0.00 € |
4.6.2024 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega de Musicoterapia (Agamus), para desenvolver programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras). |
0.00 € |
5.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, a Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo) e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., para a contratación do servizo de telecomunicacións, internet, mantemento do equipamento de comunicacións e xestión da rede. |
71.225.246,40 € |
6.6.2024 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Takeda Farmacéutica España, S.A., para a realización dun vídeo sobre a enfermidade inflamatoria intestinal (EII). |
8.375,23 € |
10.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Escola Superior de Saúde Cruz Vermelha Portuguesa-Alto Támega, para a realización de prácticas da titulación de licenciatura en Imaxe Médica e Radioterapia. |
0.00 € |
12.6.2024 |
|
Convenio de cooperación educativa entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Privada Escolas Universitarias Gimbernat, para a realización de prácticas externas da Escola Universitaria de Enfermería e Fisioterapia Gimbernat. |
0.00 € |
17.6.2024 |
|
Segunda addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Frades no que se establecen as bases, para a reforma do centro de saúde de Ponte Carreira. |
0.00 € |
21.6.2024 |
|
Segunda addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Frades no que se establecen as bases, para a reforma do consultorio de Abellá. |
0.00 € |
21.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, para o proxecto de investigación titulado Terapia celular personalizada con células mieloides CAR-M ANTI-EGFR para tumores sólidos. |
0.00 € |
21.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Sanxenxo, para a posta en marcha dun programa de reforzo e mellora da calidade dos servizos de atención primaria no concello durante o período estival. |
0.00 € |
24.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para a posta en marcha de actividades de formación destinadas a persoas menores de idade hospitalizadas no Sistema Público de Saúde de Galicia. |
0.00 € |
25.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade Europea de Madrid para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao. |
0.00 € |
27.6.2024 |
|
Décimo noveno acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado por Orde do 18 de xuño de 2001. |
4.284.801,25 € |
27.6.2024 |
|
Décimo oitavo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado por Orde do 20 de decembro de 2001. |
80.795,12 € |
27.6.2024 |
|
Décimo oitavo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado por Orde do 20 de decembro de 2001. |
923.883,60 € |
27.6.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Fundación Biomédica Galicia Sur e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como entidade colaboradora no Estudo Polyprev: Ensaio clínico aleatorizado, multicéntrico e controlado comparando a participación en programa de cribar de CCR coa vixilancia endoscópica tras a resección de adenomas avanzados (expediente PI21/01771) financiado polo Instituto de Saúde Carlos III e cofinanciado pola Unión Europea. |
0.00 € |
2.7.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía da marca Varian. |
0.00 € |
6.7.2024 |
|
Acordo de colaboración entre a Fundación Feder para a investigación en enfermidades raras (Fundación Feder) e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX), para o desenvolvemento e a execución do proxecto de investigación Aproximación ao diagnóstico de enfermidades raras do neurodesenvolvemento. |
150.000,00 € |
11.7.2024 |
|
Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, en materia de violencia ou agresión sexual, e para a realización doutras actividades de interese sanitario. |
0.00 € |
15.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para a rehabilitación fisioterapéutica nas enfermidades raras e neurodexenerativas. |
32.803,00 € |
18.7.2024 |
|
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Abbott España para o fomento da calidade asistencial e eficiencia e a súa efectiva aplicación na organización sanitaria do Servizo Galego de Saúde. |
0.00 € |
19.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Down Galicia, para o desenvolvemento de programas de avaliación e seguimento a persoas con síndrome de Down. |
10.000,00 € |
24.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto Nacional de Estatística, para a comprobación da residencia que figura na base do padrón das persoas titulares da tarxeta sanitaria en Galicia como empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia. |
0.00 € |
24.7.2024 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Xaime Quesada Blanco, para a cesión de uso de cadros para a súa exposición no Hospital Universitario de Ourense. |
0.00 € |
26.7.2024 |
|
Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela polo que se establecen as bases para a humanización, a ordenación e a mellora da accesibilidade do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. |
0.00 € |
2.8.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde. |
4.022.800,00 € |
26.8.2024 |
