O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».
Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo dun informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda, o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase co IVE incluído.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024
José López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
ANEXO
– Documentación epigráfica do teónimo deus Lar Berobreus. Edición e comentario lingüístico. 43,80 €.
– Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. 10,00 €.
– Os actos e as profecías. 15,00 €.
– Doazóns=Donaciones 2015-2023. 25,00 €.
– Tomás Barros. A doazón=La donación. 10,00 €.
– A caverna baleira: Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente. 14,00 €.
