De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 16 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Alvite (IN408A/2018/032) e se cancela unha garantía económica depositada por Green Capital Power, S.L. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.
Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan.
A dita Resolución do 16 de setembro de 2024 dispón o seguinte:
1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Alvite, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira, Santa Comba (A Coruña), tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 19.1.2023.
2. Arquivar o expediente do parque eólico Alvite, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira, Santa Comba (A Coruña) e promovido pola sociedade Green Capital Power, S.L.
3. Cancelar a garantía económica depositada por Green Capital Power, S.L. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 414.150 €, con data do 27.7.2018 e número de rexistro 760/18, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Alvite.
Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:
O 27.7.2018, Green Capital Power, S.L. depositou unha garantía económica por importe de 414.150 €, con número de rexistro 760/18, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Alvite.
O 27.7.2018, Green Capital Power, S.L. presentou telematicamente, ao abeiro do procedemento IN408A, a solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación do parque eólico Alvite, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira, Santa Comba (A Coruña), que foi admitida o 17.1.2019.
O 19.1.2021, o promotor solicitou unha modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Alvite, a cal foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o 1.7.2021.
Por Acordo do 11.5.2022, da Xefatura Territorial da Coruña, sometéronse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Alvite, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira e Santa Comba. A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 9.6.2022 (DOG núm. 110), e no xornal La Voz de Galicia o 9.6.2022.
O 19.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Alvite, que fixo pública mediante o Anuncio do 19 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 181, do 23 de xaneiro).
O 30.6.2023, esta dirección xeral notificou ao promotor o acordo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais polo que se inician os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico Alvite, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira e Santa Comba (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A/2018/032), concedendo o prazo máximo de 15 días para presentar as alegación que considerasen oportunas. O dito prazo rematou sen recibir alegacións ao respecto.
O 16.10.2023, Green Capital Power, S.L. solicitou a devolución da garantía económica depositada na Caixa Xeral de Depósitos o 27.7.2018, por importe de 414.150 €, con número de rexistro 760/18.
O 5.6.2024, o promotor presentou un escrito en que indica: «Se proceda a resolver o arquivamento do expediente parque eólico Alvite, tendo en conta a inviabilidade do proxecto... Se proceda á cancelación da garantía depositada por Green Capital Power, S.L., o 27.7.2018 por importe de 414.150 €, con número de rexistro 760/2018, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do PE Alvite».
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
