DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53274

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación de tres informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e publicación por parte do pleno, con data do 24 de setembro, dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:

– Informe de fiscalización dos fondos de compensación interterritorial, exercicio 2022 (1502023-01).

– Informe de fiscalización dos fondos procedentes da Unión Europea, exercicio 2022.

– Informe de fiscalización da eficacia na execución do financiamento europeo no proxecto de conservación, protección e fomento do Camiño de Santiago (Feder 2014-2020).

Ligazón para acceder aos textos completos dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia