Antecedentes:
1. Na actualidade, o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non foi aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.
2. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, mediante a modificación operada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estableceu a existencia dun sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, complementario ao grao persoal, mentres non se desenvolva o sistema de carreira profesional previsto no artigo 77 da dita lei e que quedou configurado como unha retribución adicional ao complemento de destino.
3. O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional. Esta denominación puido levar a confusión, ben que realmente este acordo pretendía posibilitar a implantación do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa previsto na dita disposición transitoria e non no artigo 77 do mesmo texto legal.
4. Mediante a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de marzo de 2019, publicouse o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo). De novo, cómpre facer constar que erroneamente se emprega a terminoloxía de carreira profesional cando realmente se está a desenvolver o sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa.
Consideracións legais e técnicas:
1. O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo.
2. Para a presentación de solicitudes establecíanse dous procedementos:
a) Persoal laboral con acceso ao Portax, https://portax.xunta.es
b) Persoal laboral sen acceso ao Portax https://portax.xunta.es, debía solicitar o acceso cubrindo o modelo e enviaríaselle un PIN para o acceso.
3. Porén, tamén foron numerosas as solicitudes que non foron presentadas a través do método anterior, senón directamente a través do Rexistro electrónico mediante unha solicitude manuscrita ou mecanizada ou mediante o modelo xenérico PR004 á disposición na sede electrónica da Xunta.
4. A Xunta tramitou todas as solicitudes recibidas, independentemente de se se recibiron a través do Portax ou do Rexistro electrónico.
5. Unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de solicitudes, pechouse o acceso a Portax, polo que ningún tipo de persoal podía usar esta vía para facer a solicitude de carreira nos anos 2020, 2021 e os once primeiros meses de 2022, datas en que tampouco se abriu ningunha convocatoria nova. A partir do ano 2022, as solicitudes pasan a tramitarse a través do Fides.
6. Posteriormente, distintos pronunciamentos xudiciais anulan as ordes anteriormente indicadas.
7. Estas sentenzas motivaron a sinatura de catro novos acordos para implantar o complemento de carreira para o persoal funcionario ou persoal laboral que se puidera funcionarizar ou o complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia que non se puidese funcionarizar.
8. Estos catro novos acordos son:
• Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.
• Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.
• Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CSIF para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.
• Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
9. As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo, e referidas a unha orde posteriormente declarada nula de pleno dereito polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenza do 14 de xullo de 2021.
En vista do anterior, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
RESOLVE:
Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional correspondentes á convocatoria do ano 2019, e proceder á súa notificación.
De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira administrativa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
NIF |
Nome |
Data da solicitude |
|
***9033*” |
Ana María Aymerich Rico |
1.7.2024 |
|
***5041*” |
Dolores Rodríguez Losada |
18.9.2024 |
|
***6841*” |
Fernando Arias Fernández |
18.8.2024 |
|
***3749*” |
Gustavo Osorio Fernández |
29.5.2024 |
|
***6987*” |
José Manuel Darriba Armesto |
1.6.2024 |
|
***8855*” |
Juan Esteban Infante Tenreiro |
28.8.2024 |
|
***2242*” |
Julio López Piñeiro |
18.8.2024 |
|
***7787*” |
Manuel Núñez Méndez |
21.8.2024 |
|
***1585*” |
Manuel Vázquez Fondevila |
16.7.2024 |
|
***1984*” |
María José Jorge González |
31.5.2024 |
|
***1903*” |
María Manuela Aldegunde González |
22.8.2024 |
|
***5307*” |
Rosa Rodríguez López |
2.6.2024 |
