DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao II do sistema de carreira profesional do ano 2022, realizadas fóra de prazo durante o ano 2024, e se procede á súa notificación.

A Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este complemento de carácter fixo é adicional aos conceptos retributivos actualmente existentes na estrutura salarial do persoal laboral.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 2 de decembro de 2022 ata o 26 de decembro de 2022.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o acceso ao grao polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo desta resolución para acceder ao grao extraordinario do complemento de desempeño, por estaren realizadas fóra do prazo establecido.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer demanda, ante a xurisdición social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Interesado/a

Data da solicitude

***5041**

Dolores Rodríguez Losada

18.9.2024

***6841**

Fernando Arias Fernández

18.8.2024

***8855**

Juan Esteban Infante Tenreiro

28.8.2024

***2242**

Julio López Piñeiro

18.8.2024

***7787**

Manuel Núñez Méndez

21.8.2024

***1585**

Manuel Vázquez Fondevila

16.7.2024

***1903**

María Manuela Aldegunde González

22.8.2024