Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Calzada das Gándaras, s/n, 27003 Lugo.
Denominación: 96520-Cece, Labrada, A Granxa-punto de conexión LMT (20 kV).
Situación: concello de Guitiriz.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV derivación a CT 9592 A Tarañeira, con orixe no apoio existente nº 100 da LMT derivación CT 9592 A Tarañeira e final no apoio proxectado nº 100-B tipo C-3000/16, cunha lonxitude de 104 metros en condutor LA-56.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 16.536,18 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Guitiriz.
• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento das normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 16 de setembro de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
