Expediente: IN407A 2022/023-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMTA, CTI e RBTA Porcar e anexo 1.
Concello: Cabanas.
Feitos:
1. O día 31.1.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade do subministración de enerxía eléctrica aos clientes da zona.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTA, CTI, e RBTA Porcar, asinado o día 30.9.2022 e anexo 1 para o dito proxecto asinado o 5.9.2022 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 2.233; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 6.6.2023.
• BOP: 18.5.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 29.5.2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 26.7.2023.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cabanas, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña e Patrimonio Cultural.
A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 12.6.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial da Coruña é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro.
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Porcar, no concello de Cabanas, e as súas características técnicas son as seguintes:
Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 260 m, coa orixe no apoio existente D88 da LMT EUMT702, condutor tipo LA-56, e final no CT proxectado.
Centro de transformación intemperie no lugar de Porcar, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Cabanas
LMTA, CTI e RBTA Porcar
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea- voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 245 |
Carboeiros |
28 |
446 |
Monte alto |
||
|
2 |
José Manuel Pereira Fernández |
Polígono 8, parcela 246 |
Carboeiros |
Novo apoio nº D88-1 |
2 |
59 |
948,59 |
Prado |
|
3 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 294 |
Pazo |
16 |
202 |
Prado |
||
|
4 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 293 |
Carboeiros |
1 |
37 |
Monte alto |
||
|
5 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 292 |
Pazo |
3 |
45 |
Monte alto |
||
|
6 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 291 |
Pazo |
5 |
76 |
Monte alto |
||
|
7 |
José Manuel Pereira Fernández |
Polígono 8, parcela 286 |
Carboeiros |
35 |
563 |
Monte alto |
||
|
8 |
Antonio Rico Sanjuan |
Polígono 8, parcela 285 |
Rega |
16 |
242 |
Prado |
||
|
9 |
Antonio Rico Sanjuan |
Polígono 8, parcela 271 |
Cota |
Novo apoio nº D88-2 |
10 |
44 |
557 |
Prado |
|
10 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 283 |
Rega |
64 |
Prado |
|||
|
11 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 282 |
Rega |
3 |
Prado |
|||
|
12 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 281 |
Rega |
31 |
Prado |
|||
|
13 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 279 |
Rega |
50 |
Prado |
|||
|
14 |
María del Carmen Piñeiro Rodríguez |
Polígono 8, parcela 278 |
Leira da Rega |
29 |
Prado |
|||
|
15 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 270 |
So Piñeiro |
4 |
60 |
Monte baixo |
||
|
16 |
Jesús López Rodríguez |
Polígono 8, parcela 268 |
Leira da Costa |
14 |
213 |
Prado |
||
|
17 |
José Manuel Feal Arnoso |
Polígono 8, parcela 273 |
Campón en Fondás |
18 |
286 |
Prado |
||
|
18 |
Herdeiros de Carmen Piñeiro |
Polígono 8, parcela 274 |
Fondás |
9 |
141 |
Prado |
||
|
19 |
María Luisa Arraso Luaces |
Polígono 8, parcela 275 |
Fondás |
Novo apoio nº D88-3-CT |
10 |
9 |
142 |
Prado |
|
20 |
Descoñecido |
Polígono 8, parcela 276 |
Leira dos Ferrados |
12 |
Prado |
|||
