Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador número LU-01430-O-2023 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
LU-01430-O-2023 PO-2960-BM |
76563289S |
A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve. 7.6.2023; 15.30.00; LU-540; 3,5 |
Artigo 60.a) da Ley 4/2013 |
Artigo 63 da Ley 4/2013 |
2.001 euros |
|
LU-01934-O-2023 7878-BCB |
35561433Y |
Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP. 11.8.2023; 1.40.00; N-120; 489,808 |
Artigo 140.18 da LOTT Artigo 197.19 do ROTT |
Artigo 201.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
|
LU-01936-O-2023 7878-BCB |
35561433Y |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 11.8.2023; 1.35.00; N-120; 489,808 |
Artigo 140.34 da LOTT Artigo 197.39 do ROTT |
Artigo 143.1.g) da LOTT |
1.001 euros |
|
PO-02717-O-2023 9309-HMR |
76734357D |
Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor/a ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao comezar e ao finalizar a viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder. 9.3.2023; 20.29.00; PO-531; 1,204 |
Artigo 140.22 da LOTT Artigo 197.24 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT |
2.001 euros |
|
PO-04761-O-2023 8387-CTZ |
76906221V |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 % 18.7.2023; 19.29.00; A-55; 18,45 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
|
PO-04852-S-2023 5428-FLB |
55149450G |
Transporte de mercadorías perecedoiras ultraconxeladas carecendo ou non levando instalado o aparello rexistrador de temperatura (termógrafo). 11.7.2023; 17.15.00; Travesía de Vigo, nº 215 |
Artigo 140.20 da LOTT Artigo 197.21 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT |
2.001 euros |
