Expediente: IN407A 2023/162-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: modificado 1 de LMTS, CTC y RBTS Portomouro.
Concello: Boiro.
Feitos:
1. Por Resolución do 20 de marzo de 2024, da entón denominada Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación, concedeuse a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro segundo o proxecto denominado LMTS, CTC e RBTS Portomouro.
O 28.3.2024 UFD Distribución Electricidad, S.A., como promotora das instalacións autorizadas, solicita a autorización dunha modificación do deseño da instalación previamente autorizado, según o proxecto de execución denominado modificado 1 de LMTS, CTC e RBTS Portomouro.
Mantense a finalidade do proxecto de mellorar a calidade da subministración na zona, mentres que o obxecto do modificado 1 é trasladar os cambios orixinados polo cambio de situación do CT Abanqueiro (IN407A 2022/060-1) ao deseño do proxecto.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado modificado 1 de LMTS, CTC e RBTS Portomouro, asinado o día 18.3.2024 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.233. O documento presentado comprende a totalidade da instalación.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Servizos de Urbanismo e de Patrimonio Cultural da Coruña e Concello de Boiro. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 6 de setembro de 2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación.
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Portodemouro, parroquia de Abanqueiro, no concello de Boiro, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Instalación dun centro de transformación prefabricado compacto manobra exterior de 250 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400 V.
– Nova liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 1.243 m, con orixe en empalme por realizar na LMTS BOI802, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña no CT Abanqueiro (IN407A 2022/060-1) despois de facer entrada e saída no CT proxectado.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 9 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
