DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2024/159-1).

Expediente: IN407A 2024/159-1.

Promotora: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación do proxecto: LMTS, novo CT O Couto e enlace coa RBT.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O día 7 de maio de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor do Plan de mellora das instalacións e servizos na rede de distribución e do crecemento da demanda esperado no lugar do Couto, na parroquia de Alón, concello de Santa Comba, proxéctase a substitución do centro de transformación de intemperie existente CT O Couto (SCH010, IN407A 2015/548-1) de 100 kVA de potencia, instalando un novo centro de transformación de superficie compacto prefabricado; a liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT a CT O Couto (expediente 27.949), procedente da subestación Negreira; e novas saídas en baixa tensión que o conectarán coa rede de baixa tensión existente na zona.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, novo CT O Couto e enlace coa RBT, asinado o día 20 de xullo de 2022 (nº de visado 2086/22-CO do 20 de xullo de 2022) por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.233.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Santa Comba como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

4. O día 5 de setembro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar do Couto, na parroquia de Alón, concello de Santa Comba, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTS a 20 kV, de 242 m, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×150 Al) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio existente nº 6 da LMT a CT Couto (expediente 27.949), procedente da subestación Negreira, no que se instalará un seccionador SXS e un pararraios autoválvulas, e remate no CTC proxectado. Os condutores discorrerán soterrados en gabia de dimensións de entre 0,50 e 0,60 metros de ancho e de entre 1,00 e 1,20 metros de profundidade, canalizados no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, instalaranse cando menos outro tubo das mesmas características co anterior a modo de reserva e outro tubo de polipropileno de 125 mm de diámetro para comunicacións.

• Desmantelamento do tramo LMTA a 20 kV, de 175 m, condutor tipo LAC-28, con orixe no apoio nº 6 existente e remate no apoio no que está instalado o CTI O Couto (SCH010, IN407A 2015/548-1) por desmantelar.

• Novo CT O Couto compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P. Desmantelamento do CTI O Couto (SCH010, IN407A 2015/548-1) de 100 kVA instalado en apoio de formigón tipo pórtico.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña