No Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 18 de xullo de 2024, publícase a Orde do 8 de xullo de 2024, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS320A).
De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axudas, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Tras a instrución do procedemento, con data do 27 de setembro de 2024 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións do programa Servizo de voluntariado xuvenil.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución de concesión do 27 de setembro de 2024, para o procedemento BS320A de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 27 de setembro de 2024 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Resolución do 27 de setembro de 2024 ditada no procedemento BS320A de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.
Con data do 18 de xullo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 139 a Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS320A).
O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 13 de setembro de 2024 e de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para proceder a elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.
Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria a proposta de resolución con data do 16 de setembro de 2024.
Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 8 de xullo de 2024,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 66.450,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.460.0.
Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.
Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 110.606,61 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 43.05.312F.481.0.
Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.
Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 8 de xullo de 2024 e, especialmente, as establecidas no artigo 20.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.
Cuarto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.
Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 8.7.2024). Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.
ANEXO I
Axudas concedidas a entidades locais
Concesións conxuntas.
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2024/041 |
Concello de Boqueixón/Voluntariado Social |
P1501200H |
A Coruña |
61,00 |
12.000,00 € |
|
Total |
12.000,00 € |
|||||
Concesións individuais.
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2024/029 |
Concello de Padrón |
P1506600D |
A Coruña |
62,99 |
2.380,00 € |
|
2 |
2024/034 |
Concello de Lousame |
P1504300C |
A Coruña |
57,10 |
4.800,00 € |
|
3 |
2024/018 |
Concello de Mesía |
P1504800B |
A Coruña |
52,19 |
2.400,00 € |
|
4 |
2024/037 |
Concello de Xove |
P2702500F |
Lugo |
58,70 |
1.200,00 € |
|
5 |
2024/021 |
Concello de Quiroga |
P2705000D |
Lugo |
52,00 |
4.800,00 € |
|
6 |
2024/050 |
Concello de Cervo |
P2701300B |
Lugo |
51,36 |
4.800,00 € |
|
7 |
2024/004 |
Concello de Ribas de Sil |
P2705200J |
Lugo |
50,00 |
4.800,00 € |
|
8 |
2024/039 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
Ourense |
59,25 |
2.400,00 € |
|
9 |
2024/015 |
Concello de Muíños |
P3205200C |
Ourense |
57,00 |
4.800,00 € |
|
10 |
2024/020 |
Concello de Verín |
P3208600A |
Ourense |
51,50 |
4.800,00 € |
|
11 |
2024/007 |
Concello de Ribadavia |
P3207000E |
Ourense |
50,00 |
4.800,00 € |
|
12 |
2024/053 |
Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado |
P3604200J |
Pontevedra |
60,35 |
4.800,00 € |
|
13 |
2024/019 |
Concello de Vila de Cruces |
P3605900D |
Pontevedra |
52,00 |
2.870,00 € |
|
14 |
2024/051 |
Concello de Mos |
P3603300I |
Pontevedra |
50,25 |
4.800,00 € |
|
Total |
54.450,00 € |
|||||
ANEXO II
Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
|
1 |
2024/023 |
Club Deportivo Inclusivo Enki |
G70505276 |
A Coruña |
74,34 |
3.800,00 € |
|
2 |
2024/026 |
Fundación Abrente |
G70397849 |
A Coruña |
71,04 |
4.800,00 € |
|
3 |
2024/040 |
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental |
G15983570 |
A Coruña |
68,65 |
4.800,00 € |
|
4 |
2024/056 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
A Coruña |
65,43 |
2.383,72 € |
|
5 |
2024/001 |
Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, ASPAS |
G15031537 |
A Coruña |
63,59 |
4.800,00 € |
|
6 |
2024/046 |
Asociación Centinelas |
G70390745 |
A Coruña |
61,95 |
4.800,00 € |
|
7 |
2024/011 |
Acción Familiar Ferrol |
G15745466 |
A Coruña |
58,49 |
4.276,18 € |
|
8 |
2024/052 |
Asociación Centro Xuvenil Don Bosco |
G15071566 |
A Coruña |
58,34 |
2.400,00 € |
|
9 |
2024/005 |
Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos |
G15747678 |
A Coruña |
56,99 |
4.800,00 € |
|
10 |
2024/058 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
A Coruña |
56,17 |
1.800,00 € |
|
11 |
2024/038 |
Asociación Dignidad Galicia |
G15500853 |
A Coruña |
56,00 |
4.799,95 € |
|
12 |
2024/014 |
Feafes Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia |
G15545353 |
A Coruña |
55,00 |
1.200,00 € |
|
13 |
2024/012 |
Asociación Medioambiental Amabul |
G15925209 |
A Coruña |
53,82 |
4.800,00 € |
|
14 |
2024/043 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
A Coruña |
52,31 |
4.640,00 € |
|
15 |
2024/010 |
Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra |
G15173263 |
A Coruña |
52,12 |
4.800,00 € |
|
16 |
2024/017 |
ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes |
G15940414 |
A Coruña |
52,00 |
4.200,00 € |
|
17 |
2024/045 |
Asociación Centro Xuvenil Abeiro |
G15456700 |
A Coruña |
50,75 |
2.400,00 € |
|
18 |
2024/032 |
Asociación Aliad-Ultreia |
G27021120 |
Lugo |
69,61 |
3.100,00 € |
|
19 |
2024/057 |
Asociación Juvenil y Cultural Ateibo |
G27013309 |
Lugo |
54,28 |
960,00 € |
|
20 |
2024/006 |
Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia |
G32302671 |
Ourense |
63,50 |
4.800,00 € |
|
21 |
2024/025 |
Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos |
G32345274 |
Ourense |
62,00 |
4.800,00 € |
|
22 |
2024/033 |
Asociación para a Prevención e a Educación Social, APES |
G32383549 |
Ourense |
59,75 |
560,00 € |
|
23 |
2024/044 |
Asociación Cultural A Bela Auria |
G32402737 |
Ourense |
59,25 |
750,00 € |
|
24 |
2024/047 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
Ourense |
56,25 |
4.800,00 € |
|
25 |
2024/008 |
Asociación Xuvenil Amencer |
G32025405 |
Ourense |
55,00 |
4.336,76 € |
|
26 |
2024/048 |
Asociación Sustinea |
G32422834 |
Ourense |
52,00 |
2.400,00 € |
|
27 |
2024/003 |
Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño |
G32504508 |
Ourense |
50,75 |
4.800,00 € |
|
28 |
2024/031 |
Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico |
G94088549 |
Pontevedra |
71,04 |
4.800,00 € |
|
29 |
2024/030 |
APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral |
G36624120 |
Pontevedra |
61,92 |
3.600,00 € |
|
30 |
2024/036 |
Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal |
G27727593 |
Pontevedra |
61,30 |
4.800,00 € |
|
31 |
2024/024 |
Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra |
G36704195 |
Pontevedra |
59,50 |
600,00 € |
|
Total |
110.606,61 € |
|||||
ANEXO III
Solicitudes denegadas
Denegadas entidades de acción voluntaria.
|
Nº |
Nº exp. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Motivo da denegación |
|
1 |
2024/054 |
Sociedade Deportiva Compostela |
G70000385 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
2 |
2024/016 |
Fundación Ingada |
G70394374 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
3 |
2024/042 |
Asociación de Axuda a Estudantes Estranxeiros |
G70406038 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
4 |
2024/009 |
Federación ASDE-SCOUTS de Galicia |
G70305008 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
5 |
2024/002 |
Club ITF Coirós |
G70594684 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
6 |
2024/049 |
Asociación Esgaia Inserta |
G16918641 |
Ourense |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
7 |
2024/013 |
Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense, ADO |
G32410797 |
Ourense |
Desistencia |
|
8 |
2024/035 |
Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares |
G36617082 |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
9 |
2024/055 |
Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos |
G27753268 |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
10 |
2024/022 |
Asociación Asistencial TDAH Salnés |
G94125648 |
Pontevedra |
Non alcanzar a puntuación requirida |
|
11 |
2024/028 |
AIDA. Ayuda, Intercambio y Desarrollo |
G82484882 |
Pontevedra |
Desistencia |
