Mediante a Orde do 27 de maio de 2024, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 10 de xuño, establecéronse as bases reguladoras pola que se establecen as bases reguladoras do Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024.
A citada Orde do 27 de maio de 2024 establece no seu artigo 16.3 que a concesión das subvencións se realizará en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Pola súa parte, o artigo 28.2 da Orde do 27 de maio de 2024 establece que no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.
Unha vez esgotados os recursos económicos destinados ás axudas previstas na Orde do 27 de maio de 2024, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024, na aplicación orzamentaria 44.04.324C.471.0, á cal se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 do artigo 6 das bases reguladoras, así como os incrementos regulados no seu artigo 7.2, e na aplicación orzamentaria 44.04.324C.771.0, á cal se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 6, 7, 8, 9, 10, 11 e 12 do artigo 6 das bases reguladoras,
DISPOÑO:
Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na devandita Orde do 27 de maio de 2024 quedou esgotado na aplicación orzamentaria 44.04.324C.471.0 con data do 17 de xuño de 2024 coa solicitude presentada ás 9.26 horas e na aplicación orzamentaria 44.04.324C.771.0 con data do 14 de xuño de 2024 coa solicitude presentada ás 11.44 horas
Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
