Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega (DOG núm. 6, do 9 de xaneiro).
Mediante a Resolución do 27 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, resolveuse a dita convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior e concedeuse a bolsa a un total de 250 persoas (DOG núm. 170, do 4 de setembro), que se relacionan no anexo I desa resolución.
No artigo 2 da Resolución do 27 de agosto de 2024 establécese unha lista de oito persoas suplentes que se relacionan no anexo II, formada por aquelas persoas que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa, ordenadas segundo a puntuación outorgada, para cubriren as renuncias ou baixas dalgunha persoa adxudicataria da bolsa que poidan producirse.
As oito persoas que constan a seguir figuran como persoas beneficiarias no anexo I da Resolución do 27 de agosto de 2024 e presentaron escritos de renuncia á bolsa concedida, a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia:
|
Apelidos |
Nome |
DNI/pasaporte |
Máster |
Univ. |
Créditos |
Anualidade 2024 |
Anualidade 2025 |
Importe total |
|
Muñoz Rossetti |
Vanesa Eva |
*****5694 |
Dirección e Xestión Contable e Financeira |
USC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Surace Salvado |
Guido |
*****4446 |
Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos |
UDC |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
|
Ramallo de Souza |
Isabel Aparecida |
*****7270 |
Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais |
UVIGO |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Sueldo Fernández |
Morena Lucía |
*****3778 |
Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, e Psicoloxía Xurídica-Forense |
USC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Sales García |
Taise |
***2766** |
Neurociencia |
UVIGO |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Bianchiero Porto |
Matías |
*****1758 |
Psicoloxía |
USC |
90 |
6.000,00 € |
6.500,00 € |
12.500,00 € |
|
Pereira Rodríguez |
María |
*****9665 |
Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais |
UVIGO |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
|
Zángaro Casuso |
Danilo |
*****6541 |
Desenvolvemento Económico e Innovación |
USC |
60 |
6.000,00 € |
2.500,00 € |
8.500,00 € |
De conformidade co disposto nos artigos 11 e 16 da Resolución do 22 de decembro de 2023, a Subdirección Xeral do Retorno, como órgano instrutor do procedemento, unha vez recibidas as renuncias ás bolsas concedidas por parte das persoas antes referenciadas, en vista da lista de persoas suplentes e unha vez verificada a aceptación das bolsas segundo a orde de puntuación, formulou a correspondente proposta de resolución para a concesión das bolsas ás oito persoas da lista de suplentes que aceptaron a bolsa ofertada.
Vista a lista de suplentes e verificada a súa aceptación da adxudicación das bolsas, tamén en vista da proposta de resolución da Subdirección Xeral do Retorno e de conformidade co establecido na resolución da convocatoria,
RESOLVO:
Artigo 1
Concederlles a bolsa ás oito persoas da lista de suplentes que aceptaron a bolsa e que se relacionan no anexo desta resolución para cursaren os másters que se sinalan na correspondente universidade galega e polo importe que se indica.
O pagamento da bolsa realizarase na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria nos prazos establecidos e unha vez presentada a documentación xustificativa segundo o establecido no artigo 20 da resolución da convocatoria.
Artigo 2
As persoas beneficiarias destas bolsas están obrigadas ao cumprimento do establecido no artigo 21 da resolución da convocatoria. Os incumprimentos das ditas obrigacións poderán dar lugar ao reintegro parcial ou total nos termos recollidos no artigo 22 da dita resolución.
Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
|
Apelidos |
Nome |
DNI/pasaporte |
Máster |
Univ. |
Créditos |
Anualidade 2024 |
Anualidade 2025 |
Importe total |
|
Senlle Rigoli |
Juan Agustín |
***8876** |
Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde |
UDC |
60 |
6.000,00€ |
2.500,00€ |
8.500,00€ |
|
Noto Rodríguez |
Mateo Tomás |
***6371** |
Xestión e Dirección Laboral |
UVIGO |
60 |
6.000,00€ |
2.500,00€ |
8.500,00€ |
|
Castro Tejas |
Liliana |
*****7729 |
Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa |
UVIGO |
60 |
6.000,00€ |
2.500,00€ |
8.500,00€ |
|
Cerisola Garrido |
Román Daniel |
***1352** |
Dirección de Proxectos |
USC |
60 |
6.000,00€ |
2.500,00€ |
8.500,00€ |
|
Linari Márquez |
María Agustina |
*****8189 |
Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais |
USC |
90 |
6.000,00€ |
6.500,00€ |
12.500,00€ |
|
Oroña Molina |
Carlos Damián |
*****6170 |
Dirección de Empresas |
USC |
60 |
6.000,00€ |
2.500,00€ |
8.500,00€ |
|
Caminos Rodríguez |
Natalia Paola |
*****0428 |
Contabilidade Superior e Auditoría de Contas |
UDC |
60 |
6.000,00€ |
2.500,00€ |
8.500,00€ |
|
Rodríguez Mercado |
Cecilia Milagros |
*****9166 |
Desafíos das Cidades |
USC |
90 |
6.000,00€ |
6.500,00€ |
12.500,00€ |
