DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53780

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG número 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados,

DISPOÑO:

Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de bioloxía:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***8472**

Álvarez Álvarez, Cristina

Libre

115

Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de arqueólogos:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***4379**

Paz Lobeiras, Rosa María

Libre

201

115

Non superou o exame de galego

201

Non cumpre o requisito da base I.2.5

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal