Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo).
A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base. Contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.
Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.
Mediante a Resolución deste tribunal do 16 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) publicouse a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinados corpos, escalas e especialidades, na sesión que tivo lugar o 4 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1 que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO
Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1
de que se publica o baremo definitivo
|
Corpo superior |
|
Escala de sistemas e tecnoloxías da información |
|
Escala superior de finanzas |
|
Escala superior de estatísticos |
|
Corpo facultativo superior |
|
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica |
|
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas |
|
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
|
Escala de ciencias. Especialidade de física |
|
Escala de arqueólogos |
|
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
|
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
|
Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica |
|
Escala de facultativos. Especialidade de medicina |
