En sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 19 de outubro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
