DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53773

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de catro novos aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2024, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para a aprobación da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas que figuraban nela.

Con data do 23 de setembro de 2024, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña catro novas persoas aspirantes, xa que as que se relacionan a continuación non presentaron a documentación solicitada ou non están en posesión dos requisitos exixidos na convocatoria e, polo tanto, perderon o seu dereito para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2:

NIF

Apelidos e nome

14

***6770**

Rodríguez Martínez, María Jesús

36

***6925**

Santos Sampedro, Juana María

41

***3486**

Castilla Soage, Mónica

53

***4208**

Suárez Varela, Mª Encarnación

De conformidade coa base II.2 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo establecida pola Resolución do 30 de abril de 2024 (DOG núm. 91, do 10 de maio), e facer pública, como anexo a esta resolución, a relación que inclúe catro novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupan as posicións que se reflicten no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como funcionarios de carreira, procedendo a renumerar a orde a partir do posto número 14.

Segundo. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Elevar esta relación complementaria ao titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Acceso

1º ex.

2º ex.

Total

51

***8720**

Padín López, María Luisa

Acceso libre

61,11

Exenta

61,11

52

***8157**

Cea Gosenge, María Cruz

Acceso libre

60,83

Exenta

60,83

53

***8067**

De Labra Pinedo, Victoria

Acceso libre

60,83

Exenta

60,83

54

***9194**

Veiga Costas, Iria

Acceso libre

60,83

Exenta

60,83