En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 167, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
En vista das alegacións e dos recursos presentados,
DISPOÑO:
Excluír a seguinte persoa do proceso selectivo para o ingreso na categoría 21 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***4626** |
Pérez Veres, José Manuel |
Libre |
43 |
|
43 |
Desistencia da solicitude |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
