DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 27 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción relativas ás instalacións do parque eólico Coto de Lobos, localizado nos concellos das Neves e Salvaterra de Miño da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2021/007).

Sométense a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a seguir, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación.

Solicitante: Parque Eólico Cadaval y Ventoso, S.L.

Denominación do proxecto: Parque Eólico Coto de Lobos. Xuño 2024.

Concellos afectados: As Neves e Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 42 Mw.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Produción neta anual estimada: 116.024 (Mwh/ano).

Orzamento total (execución material): 37.954.631,27 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Punto

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

547.517,00

4.666.295,00

2

550.000,00

4.666.295,00

3

550.000,00

4.661.410,00

4

547.517,00

4.661.410,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

CL-01

548.090,00

4.665.995,00

As Neves

CL-02

548.352,00

4.665.570,00

As Neves

CL-04

548.788,00

4.663.865,00

As Neves

CL-05

548.743,00

4.664.305,00

As Neves

CL-06

548.822,00

4.663.328,00

As Neves

CL-07

548.965,00

4.662.491,00

As Neves

Coordenadas da subestación (As Neves):

Vértices da envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Centro

548.360,36

4.661.453,21

1

548.327,20

4.661.468,32

2

548.390,01

4.661.491,98

3

548.413,78

4.661.428,85

4

548.376,39

4.661.414,77

5

548.367,38

4.661.438,71

6

548.341,95

4.661.429,14

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Seis (6) aeroxeradores tripá de 7 Mw de potencia nominal unitaria, modelo Siemens Gamesa SG 170-7.0MW ou similar, de 170 m de diámetro de rotor e unha altura de buxa de 135 m.

– Seis (6) centros de transformación de potencia nominal aparente de 7.500 kVA, grupo de conexión Dyn 11 e tensión 0,690/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Dúas (2) liñas soterradas de 30 kV para conectar os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque 30/132 kV. O circuíto 1 está formado polos aeroxeradores CL-01, CL-02, CL-05 e o circuíto 2 está integrado polos aeroxeradores CL-04, CL-06 e CL-07, ambos con condutores tipo RHZ1 2OL(S) 18/30 kV Al + H16 e sección variable.

Instalarase pola mesma gabia a rede de terra (constituída por condutor nu de cobre de 50 mm2) e o condutor de fibra óptica para comunicacións.

– A subestación de transformación 30/132 kV está composta por:

• Dúas (2) posición de liña de 132 kV con equipamento de protección e medida.

• Unha (1) posición de trafo de 132 kV con equipamentos necesarios de protección e medida.

• Un (1) transformador de 40/50 MVA ONAN/ONAF, de relación de transformación 132/30 kV e regulación en carga.

• Unha (1) posición de medida de tensión en barras de 132 kV.

• Unha (1) posición de servizos auxiliares en barras de 132 kV.

• Unha (1) reactancia de posta a terra de 30 kV, con limitación de corrente a 500 A, 30 s.

• Unha (1) posición de transformador de 30 kV.

• Dúas (2) posicións de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores.

• Unha (1) posición de batería de condensadores de 30 kV.

• Unha (1) posición de transformador de servizos auxiliares e medida de tensión en barras de 30 kV.

• Un transformador de servizos auxiliares 30/0,420 kV de 50 kVA.

Desde esta subestación proxéctase unha liña de interconexión en 132 kV con entrada-saída coa LAT 132 kV Salvaterra-Frieira (non obxecto deste proxecto).

– Liña de interconexión do parque eólico Coto de Lobos coa liña Salvaterra-Frieira 132 kV. Será unha liña de 132 kV en aéreo, con dobre circuíto con condutor LA-280 dúplex e dobre cable de garda OPGW2...48F.O. Terá unha lonxitude de 1.456 m e contará con 6 apoios. Con respecto ao apoio de entronque, instalarase un novo apoio no contorno do xa existente C1 FRI SAL 132 (68), non obxecto deste proxecto.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Constitúen obxecto de información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e o estudo de impacto ambiental.

Documentación que se expón:

– Proxecto de execución do parque eólico Coto de Lobos (xuño 2024), asinado o 27.6.2024 polo enxeñeiro de industrial Jorge Núñez Ares, colexiado número 1102 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

– Estudo de impacto ambiental. Xuño 2024.

Polo exposto, os referidos proxectos fanse públicos para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra, teléfono 986 80 52 51), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na Casa do Concello de Salvaterra de Miño (praza da Constitución, 1, 36450 O Castelo, Pontevedra) e na Casa do Concello das Neves (praza da Cristiandade, 1, 36440 As Neves, Pontevedra).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Pontevedra, 27 de setembro de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra