DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2024 Páx. 54297

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao exercicio 2024.

Por medio deste anuncio, publícase que a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, mediante a Resolución 2024/8542, ditada o 8 de xullo de 2024, adoptou o acordo que se transcribe en extracto:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público extraordinaria 2024 para a estabilización do emprego temporal, nos seguintes termos:

I. Prazas de natureza estrutural que estean dotadas orzamentariamente, estean ou non dentro da relación de postos de traballo ou cadro de persoal da Deputación Provincial de Ourense e que estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores a 31 de decembro de 2023 (16 prazas): o sistema de selección será o concurso-oposición:

• Unha (1) praza de chofer/esa especialista: persoal laboral fixo. Subgrupo C2.

• Catro (4) prazas de chofer/esa-operario/a de lixo: persoal laboral fixo. Subgrupo C2.

• Unha (1) praza de operarios/as de lixo: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Dúas (2) prazas de legoeiro/a: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Unha (1) praza de legoeiro/a-regador/a: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Dúas (2) prazas de operarios/as-limpadores/as: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Dúas (2) prazas de operarios/as de zonas verdes: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Dúas (2) prazas de porteiros/as-operarios/as de mantemento: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Unha (1) praza de peón/peoa agrícola: persoal laboral fixo. Grupo AP.

II. Prazas de natureza estrutural que estean dotadas orzamentariamente, estean ou non dentro da relación de postos de traballo ou cadro de persoal da Deputación Provincial de Ourense e que estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos cinco anos anteriores a 31 de decembro de 2023 (17): o sistema de selección será o concurso:

II.1. Funcionarios/as:

• Tres (3) prazas de administrativos/as da Administración xeral: persoal funcionario de carreira. Escala da Administración xeral, subescala administrativo/a. Subgrupo C1.

• Unha (1) praza de auxiliar de oficina: persoal funcionario de carreira. Escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Subgrupo C2.

• Unha (1) praza de técnico/a superior en desenvolvemento local: persoal funcionario de carreira. Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase de cometidos especiais. Subgrupo A1.

II.2. Laborais:

• Sete (7) prazas de chofer/esa-operario/a de lixo: persoal laboral fixo. Subgrupo C2.

• Unha (1) praza de operario/a de recollida de lixo: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Unha (1) praza de mecánico/a: persoal laboral fixo. Subgrupo C2.

• Unha (1) praza de axudante de maquinaria: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Unha (1) praza de legoeiro/a: persoal laboral fixo. Grupo AP.

• Unha (1) praza de recepcionista: persoal laboral fixo. Grupo AP.

III. Prazas reservadas para persoas con discapacidade:

• Unha (1) praza de auxiliar de oficina.

• Reservadas para persoas con discapacidade intelectuais: unha (1) praza de recepcionista.

En caso de non cubrirse, estas prazas acumularanse ás de convocatoria extraordinaria e poderán ser cubertas por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.

O contido íntegro do anuncio de aprobación foi publicado no BOP de Ourense nº 143, do 24 de xullo de 2024.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer potestativamente un recurso de reposición ante a Presidencia, no prazo dun mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses.

Ourense, 4 de setembro de 2024

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense