DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 27 de setembro de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño e Piñeiros, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Magros, no concello de Beariz.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño e Piñeiros, pertencente á CMVMC de Magros, no concello de Beariz, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 6.10.2023, a CMVMC de Magros presentou unha solicitude (Rexel número 2023/2648417) de revisión de esbozo do MVMC Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño e Piñeiros, no concello de Beariz.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da asemblea xeral do 20 de maio de 2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 16 de novembro de 2023 en relación coa citada solicitude. Nel indícase que o monte linda con 9 montes veciñais, dos cales resultan afectados pola proposta de revisión os seguintes: MVMC Valdochao, Goberna, Val de Ludeiro e Piñeiros, de Candedo e Forxa, MVMC Marcofán, de Igrexario, MVMC Comunal de Córcores, de Córcores e MVMC Tras da Costa, de Antasportas, A Vesada, As Costiñas e Feás.

A superficie do MVMC Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño e Piñeiros resultante é de 733,39 ha fronte ás 774 ha da clasificación, o que supón unha redución de superficie dun 5 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño e Piñeiros.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 16 de novembro de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 9 de setembro de 2024:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño e Piñeiros, pertencente á CMVMC de Magros, no concello de Beariz.

Ourense, 1 de outubro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense