Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 26 de xuño de 2024, en relación ao deslindamento parcial entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Trasmañó (Redondela) e Juan José Boullosa Cabaleiro, respecto do lindeiro común dos seus montes (expediente DP22005).
Feitos:
Primeiro. O 5 de setembro de 2022 ten entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia unha proposta de deslindamento da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Trasmañó, no concello de Redondela, e a propiedade de Juan José Boullosa Cabaleiro. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente DP22005.
Segundo. Con data do 28 de novembro de 2022 o Servizo de Montes emite un informe favorable ao deslindamento provisional.
Terceiro. Con data do 20 de decembro de 2023 publícase no Diario Oficial de Galicia o Anuncio do 7 de decembro de 2023, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con particulares da CMVMC de Trasmañó. Nesa mesma data enviouse para a súa publicación na web da Consellería do Medio Rural e no taboleiro de anuncios do Concello de Redondela.
Cuarto. Con data do 29 de xaneiro de 2024 recíbese un certificado da comunidade da non existencia de alegacións transcorrido o mes de publicación e un certificado de ratificación da liña de deslindamento.
Quinto. Con data do 7 de febreiro de 2024 recíbese un certificado do Concello de Redondela, sobre a exposición do anuncio deste deslindamento desde o 21 de decembro de 2023 ao 22 de xaneiro de 2024, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.
Sexto. O procedemento de deslindamento entre particulares está recollido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
No expediente consta a seguinte documentación:
– Un informe técnico de agosto de 2022 asinado pola colexiada número 965 e a aclaración de febreiro de 2024 asinado polo colexiado 712 do COETFG.
– Unha planimetría en formato pdf e dixital (shape) da liña e dos puntos levantados en coordenadas UTM (ETRS89).
– Un certificado do secretario do 23 de agosto de 2022 de aprobación do deslindamento na asemblea do 21 de agosto de 2022.
– Unha acta de apeo coas fotografías dos puntos levantados.
– Unha acta de conciliación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela.
– Unha planimetría do bosquexo do monte Trasmañó que recolle este deslindamento.
Sétimo. A liña de deslindamento parcial do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) de Trasmañó con ID 3086, no seu lindeiro coa propiedade de Juan José Boullosa Cabaleiro, vén dada polas seguintes coordenadas en UTM (ETRS89):
|
Número |
X |
Y |
|
1 |
528.583,27 |
4.680.666,89 |
|
8 |
528.584,70 |
4.680.664,82 |
|
9 |
528.586,05 |
4.680.663,22 |
|
28 |
528.616,21 |
4.680.637,27 |
|
29 |
528.617,94 |
4.680.637,64 |
|
30 |
528.624,72 |
4.680.641,73 |
|
31 |
528.629,60 |
4.680.653,17 |
|
32 |
528.626,05 |
4.680.658,74 |
|
33 |
528.626,12 |
4.680.661,68 |
|
34 |
528.626,76 |
4.680.662,82 |
|
35 |
528.629,54 |
4.680.670,24 |
|
36 |
528.627,34 |
4.680.680,71 |
|
37 |
528.627,04 |
4.680.681,62 |
|
38 |
528.626,66 |
4.680.682,67 |
|
39 |
528.625,80 |
4.680.682,60 |
|
40 |
528.623,51 |
4.680.682,00 |
|
41 |
528.621,74 |
4.680.681,74 |
|
48 |
528.609,86 |
4.680.684,82 |
|
49 |
528.613,13 |
4.680.680,34 |
|
50 |
528.613,79 |
4.680.679,67 |
|
51 |
528.614,57 |
4.680.679,73 |
|
52 |
528.615,76 |
4.680.680,39 |
|
53 |
528.628,36 |
4.680.678,86 |
|
54 |
528.629,29 |
4.680.678,14 |
|
55 |
528.629,88 |
4.680.676,82 |
|
56 |
528.630,02 |
4.680.675,26 |
|
57 |
528.630,57 |
4.680.673,29 |
|
58 |
528.631,82 |
4.680.650,04 |
|
59 |
528.632,48 |
4.680.648,35 |
|
60 |
528.629,94 |
4.680.645,00 |
|
61 |
528.628,55 |
4.680.643,87 |
|
62 |
528.630,51 |
4.680.618,31 |
|
63 |
528.633,41 |
4.680.614,92 |
|
64 |
528.641,31 |
4.680.644,89 |
|
65 |
528.635,56 |
4.680.613,90 |
|
66 |
528.643,83 |
4.680.644,75 |
|
67 |
528.641,28 |
4.680.616,96 |
|
68 |
528.645,97 |
4.680.643,46 |
|
69 |
528.651,80 |
4.680.624,88 |
|
70 |
528.657,51 |
4.680.629,10 |
|
71 |
528.652,49 |
4.680.635,04 |
|
72 |
528.633,21 |
4.680.635,09 |
|
73 |
528.629,55 |
4.680.631,98 |
|
74 |
528.626,53 |
4.680.629,14 |
|
75 |
528.627,33 |
4.680.626,86 |
|
76 |
528.630,45 |
4.680.620,51 |
|
77 |
528.629,21 |
4.680.624,76 |
|
78 |
528.650,01 |
4.680.640,31 |
|
79 |
528.631,49 |
4.680.642,46 |
|
80 |
528.630,19 |
4.680.640,90 |
|
81 |
528.629,82 |
4.680.639,87 |
|
82 |
528.639,77 |
4.680.643,87 |
|
83 |
528.638,24 |
4.680.642,38 |
|
84 |
528.636,94 |
4.680.640,75 |
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG núm. 140, do 23 de xullo) na súa disposición derradeira segunda, modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e a sinalización dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.
A Lei de montes de Galicia regula nos seus artigos 52 e 54 o procedemento de deslindamento de montes veciñais en man común con propiedades particulares e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do xurado no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 54.3. No caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados e, cando menos, da seguinte documentación: a acta do deslindamento, a memoria descritiva con planos topográficos, a acta de conciliación levantada no xulgado de paz ou de primeira instancia correspondente e certificacións de aprobación por parte da comunidade. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento e notificarállela ás persoas interesadas. A dita resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Segunda. O 16 de febreiro de 2024 o Servizo de Montes, á vista da información antes relacionada e da memoria presentada, informa favorablemente o deslindamento parcial solicitado entre a CMVMC de Trasmañó e Juan José Boullosa Cabaleiro, xa que se comproba que a liña está apoiada nos muros que os separan e coincide coa cartografía catastral.
A liña de deslindamento vén dada polas coordenadas X e Y (ETRS89 UTM zona 29N), reflectidas na memoria topográfica e no punto sétimo dos feitos.
Por todo iso, revisada a avinza presentada, a documentación achegada e o informe técnico do Servizo de Montes, en atención ao disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, este xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Primeiro. Aprobar o deslindamento realizado entre a CMVMC de Trasmañó e Juan José Boullosa Cabaleiro, tendo en conta os puntos e as coordenadas referidas no punto sétimo dos feitos e o plano topográfico achegado e validado mediante o informe técnico do Servizo de Montes.
Segundo. Notificar este acordo á CMVMC de Trasmañó e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 30 de setembro de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
