DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2024 Páx. 54914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Meira (Moaña) con propietarios particulares respecto do lindeiro común dos seus montes (expediente DP22003).

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o 26 de xuño de 2024, en relación ao deslindamento parcial entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Meira (Moaña) con propietarios particulares respecto do lindeiro común dos seus montes (expediente DP22003).

Feitos:

Primeiro. Con data do 1 de agosto de 2022 e número 2022/1981273 de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Meira, no concello de Moaña, solicita o deslindamento con particulares da parcela 5.2, que forma parte do monte con Id 4298, chamado Varias Parcelas (5.1, 5.2, 5.3, 6, 7 e 9) e clasificado con data do 28 de abril de 2004. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente DP22003.

O deslindamento da parcela 5.2 realízase cos seguintes lindeiros: Enrique Piñeiro Martínez (vento norte) e Cristina Sánchez Martínez (vento sur).

Segundo. O 20 de novembro de 2023 o Servizo de Montes emiten un informe favorable ao deslindamento provisional.

Terceiro. O 20 de decembro de 2023 publícase no DOG número 240, o anuncio do 5 de decembro de 2023, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con particulares da CMVMC de Meira.

Nesa mesma data enviouse para a súa publicación na web da Consellería do Medio Rural e no taboleiro do Concello de Moaña.

Cuarto. O 7 de febreiro de 2024 recíbese un certificado do Concello de Moaña, sobre a exposición do anuncio deste deslindamento desde o 21 de decembro de 2023 ao 22 de xaneiro de 2024, no taboleiro da sede electrónica do concello.

Quinto. O 1 de xuño de 2024 recíbese un certificado da comunidade da non existencia de alegacións transcorrido o mes de publicación e un certificado de ratificación da liña de deslindamento.

Sexto. O procedemento de deslindamento entre particulares está recollido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

No expediente consta a seguinte documentación:

– O informe técnico de agosto de 2022, asinado pola colexiada número 965 e un informe aclaración de xuño de 2024, asinado polo colexiado 712 do Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestar de Galicia (COETFOG) do total da parcela 5.2.

– A planimetría en formato pdf e dixital (shape) da liña e dos puntos levantados en coordenadas UTM (ETRS89).

– O certificado do secretario, do 30 de maio de 2024, de aprobación do deslindamento na asemblea do 23 de marzo de 2024.

– A acta de apeo coas coordenadas dos puntos levantados e as fotografías.

– A acta de conciliación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas.

– A planimetría da parcela 5.2, que recolle este deslindamento, que, despois da alteración catastral realizada, coincide integramente coas parcelas.

Sétimo. A liña de deslindamento parcial da parcela 5.2, que forma parte do monte con Id 4298, chamado Varias Parcelas (5.1, 5.2, 5.3, 6, 7 e 9), no seu lindeiro coas propiedades de Enrique Piñeiro Martínez (vento norte) e de Cristina Sánchez Martínez (vento sur) vén dada polas seguintes coordenadas en UTM (ETRS89):

Enrique Piñeiro Martínez

ID

X

Y

Obsv.

6

523.630,49

4.681.268,08

Muro

7

523.628,15

4.681.257,29

Muro

8

523.641,38

4.681.247,49

Muro

ID

X

Y

Obsv.

9

523.649,58

4.681.243,95

Muro

10

523.667,46

4.681.234,55

Muro

11

523.672,79

4.681.232,01

Muro

12

523.690,66

4.681.233,67

Muro

Cristina Sánchez Martínez

ID

X

Y

Obsv.

23

523.703,74

4.681.181,26

Cultivo

24

523.702,56

4.681.182,24

Muro

25

523.702,17

4.681.181,85

Muro

26

523.698,53

4.681.185,59

Muro e peche

27

523.685,80

4.681.196,86

Muro e peche

28

523.691,53

4.681.192,31

Muro e peche

29

523.683,68

4.681.198,43

Muro e peche

30

523.681,42

4.681.200,40

Muro e peche

31

523.679,75

4.681.201,85

Muro e peche

32

523.678,10

4.681.203,56

Muro e peche

33

523.676,47

4.681.205,08

Muro e peche

34

523.673,60

4.681.208,51

Muro e peche

35

523.662,51

4.681.220,86

Muro e peche

36

523.656,44

4.681.219,17

Muro e peche

37

523.646,05

4.681.215,74

Muro e peche

38

523.642,19

4.681.214,58

Peche

39

523.635,28

4.681.212,35

Peche

40

523.630,95

4.681.210,80

Beirarrúa

Oitavo. A parcela 5.2, con este deslindamento e a alteración catastral realizada pasa a ter unha superficie de 2.654 m2, fronte ás 2.850 m2 clasificadas. E segundo o indicado na memoria técnica queda dividida en dúas porcións, leste e oeste, polo paso de vía pública, coincidentes coa cartografía catastral, e queda definida do seguinte xeito:

Parcela 5.2 (porción leste): 36029A04206018.

Superficie: 2.378 m2.

Lindeiro norte: 36029A04200140 a nome de Enrique Piñeiro Martínez.

Lindeiro sur: 36029A04200138 a nome de Cristina Sánchez Martínez.

Lindeiro leste e oeste: vía pública.

Parcela 5.2 (porción oeste): 36029A04200120.

Superficie: 276 m2.

Lindeiro norte: particular.

Lindeiro sur: estrada PO-551 e vía pública.

Lindeiro leste: vía pública.

Lindeiro oeste: estrada PO-551.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG número 140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda, modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e á sinalización dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

A Lei de montes de Galicia regula nos artigos 52 e 54 o procedemento de deslindamento de montes veciñais en man común con propiedades particulares e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do xurado no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 54.3. No caso dun informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados e, cando menos, da seguinte documentación: a acta do deslindamento, a memoria descritiva con planos topográficos, a acta de conciliación levantada no xulgado de paz ou de primeira instancia correspondente e os certificacións de aprobación por parte da comunidade. O Xurado Provincial de Clasificaición de Montes Veciñais en Man Común ditará unha resolución aprobatoria do deslindamento e notificarállela ás persoas interesadas. A dita resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. O 18 de xuño de 2024 o Servizo de Montes, a vista da información antes relacionada e a memoria presentada, informa favorablemente o deslindamento parcial entre a CMVMC de Meira e Enrique Piñeiro Martínez, lindeiro polo vento norte e Cristina Sánchez Martínez, lindeiro polo vento sur, xa que se comproba que a liña está apoiada nos muros que os separan e que coincide coa cartografía catastral.

A liña de deslindamento vén dada polas coordenadas X e Y (ETRS89 UTM zona 29N), reflectidas na memoria topográfica e no punto sétimo dos feitos.

Por todo iso, revisada a avinza presentada, a documentación achegada e o informe técnico do Servizo de Montes, en atención ao disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, este xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar o deslindamento realizado entre a CMVMC de Meira e Enrique Piñeiro Martínez, lindeiro polo vento norte e Cristina Sánchez Martínez, lindeiro polo vento sur, tendo en conta os puntos e as coordenadas referidas no punto sétimo dos feitos e o plano topográfico achegado e validado mediante o informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo á comunidade de CMVMC de Meira e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 2 de outubro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra